Calendario abril 2014

Post on 14-Jan-2015

186 views 7 download

description

 

transcript

abrilabrilaprilavril abril

A pedra de abril é o diamante e a flor a margarida

pampullos

Saen as follas do castiñeiro, dos arces, dos piñeiros, dos ambroíños, dos bimbieiros...

arce

Florecen as cerdeiras, os estripos, as orquídeas silvestres, os xuncos, os pampullos, os toxos, as xestas, os dentes de león, ...

cardos

tulipán

lirio

xesta

vide

Os froitos dos salgueiros e dos chopos liberan as sementes

Dente de león

Os fentos despregan as súas frondes

Fan os niños a maioría dos paxarosmerlo

Crían os caracois, os parrulos, as pegas, os demos negros, os merlos... Nacen as primeiras toupeiras, os xabaríns... Os mamíferos cambian o pelo.

parrulos

Chegan as bubelas, os xirrios, os cucos...

bubela

Canta o cuco, as rans, os sapos... Vense os lagartos

ra macho cantando

Aumenta o número de insectos (escarabellos, xoaniñas, moscas, abellas...)

bolboreta da verdura

Plántanse as patacas, os tomates, os pementos, as guindillas, as xudías...

patacas

Lábranse as terrascávanse as viñas

TEMPERATURA MÁXIMA (ºC)

MEDIA

TEMPERATURA MÍNIMA (ºC)

MEDIA

TEMPERATURA MEDIA (ºC)

HUMIDADEMEDIA (%)

VELOCIDADE DO VENTO(km/h)

CHUVIATOTAL (l)

DÍA CHUVIAMÁXIMA

(l/m2)

DIASCHUVIA

18 10,5 14,23 87 4,68 139,6 25,5(25) 16

O TEMPO

Os días aumentaron 79 minutos

-En abril augas mil-As augas de abril, cargan o carro e mailo barril-Auga en abril toda a que queira (...ou poida) vir. Auga no maio, detrás do

arado-Que chova en abril e maio anque non chova en todo o ano.

-A ovella de Pascua Florida está lustrosa e parida-A rula a rular, colle o fol e vai sementar (o millo)

TRADICIÓNSA última noite de abril existía o costume de alumear as leiras. Despois da sementeira percorríanse os campos con fachos para pedir unha boa colleita.Alumea o pan,aluméao ben,alumea o panpra o ano que vén.Alumea o pai,cada gran un toledán.Alumea o fillo,cada gran un pan de trigo.

TRADICIÓNSA última noite de abril recóllense ponlas de xestas e póñense nas portas das casas, nos coches, nos barcos... para espantar as meigas.

TRADICIÓNSOs padriños agasallan con roscas aos afillados.Antes tamén se facían bolos de ovos.

1 de abril de 2012 Arden as Fragas do Eume

1 de abril de 2014

Terremoto en Chile

Un sismo de magnitude 8,2 con epicentro a 10 km de profundidade, a 99 kilómetros ao noroeste de Iquique e a 449 km ao suroeste de La Paz (Bolivia), consecuencia do choque das placas de Nazca e Suramericana.Ondas de tsunami de ata 2,13 m na costa de Iquique. Seis mortes, e numerosos desperfectos.Rexistráronse arredor de 20 réplicas de entre 5.2 e 6.2 graos.

7 de abril Día

Mundial da Saúde

7 de abril de 1788naceDomingo Fontánfilósofo, xeógrafo e astrónomo galego

7de abril de 1906O Vesubio entra en erupción e devasta Nápoles

(Italia).

8 de abril de 1985A India denuncia a Unión Carbide polo desastre na planta química de Bhopal, no que se estima que morreron 2.000 personas e outras 200.000 resultaron feridas.

10 de abril de 1815. Erupción do Tambora (Sonda-Indonesia) 82.000 víctimas.

11 de abril de 1905: Einstein publica a Teoría da Relatividade.

18 de abril de 1955: morre Albert Einstein

14 de abril de 1894 Thomas Edison presenta o kinetoscopio, artefacto para ver imaxes, precursor das películas cinematográficas. Básase nunha idea do inventor Eadweard Muybridge.

18 de abril de 1877 Thomas Edison

presenta o fonógrafo, unha técnica de grabación sonora.

15 de abril de 1452Nace Leonardo da Vincipintor e inventor italiano

16 de abril Día Internacional contra a Escravitude Infantil.

17 de abril de 1790Morre Benxamín Franklin científico e inventor estadounidense.

19 de abril de 1882Morre Charles Darwincientífico inglés

22 de abril. Día da TerraCelébrase desde 1970

23 de abril: Día mundial do libro e dos dereitos de autor

24 de abril de 1990Estados Unidos lanza o telescopio espacial Hubble

25 de abril de 1734Nace José Andrés Cornide Saavedra, xeógrafo, naturalista e humanista galego.

26 de abril de 1785Nace John James Audubonnaturalista, ornitólogo e pintor estadounidense

26 de abril de 1900Nace Charles Richter sismólogo

estadounidense.

26 de abril de 1986Accidente na central nuclear de Chernóbil en Ucrania.

27 de abril de 1791Nace Samuel Morsepintor e inventor estadounidense.

30 de abril de 1963Morre Vicente Risco escritor galeguista,

filósofo e etnógrafo.

FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Mon Daporta, InternetAbril 2014

Departamentode Ciencias