+ All Categories
Home > Documents > CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas...

CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas...

Date post: 04-Feb-2018
Category:
Upload: buihanh
View: 218 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
26
Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017 CRITERIOS DE AVALIACIÓN ÍNDICE 3ª ESO CULTURA CLÁSICA........................................................ 2 4ª ESO LATÍN ….................................................................….…..... 6 1º BACHARELATO LATÍN I …....................................................... 9 2º BACHARELATO LATÍN II …................................................ 13 1º BACHARELATO GREGO I ….................................................... 17 2º BACHARELATO GREGO II …............................................... 19 1
Transcript
Page 1: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017CRITERIOS DE AVALIACIÓN

ÍNDICE

3ª ESO CULTURA CLÁSICA..............................................….......... 2

4ª ESO LATÍN ….................................................................….…..... 6

1º BACHARELATO LATÍN I …....................................................... 9

2º BACHARELATO LATÍN II …......................................….......... 13

1º BACHARELATO GREGO I ….................................................... 17

2º BACHARELATO GREGO II …................................…............... 19

1

Page 2: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017

3º ESO CULTURA CLÁSICA

Criterios de avaliación

1. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois de resumilos,

aspectos históricos ou culturais.

Con este criterio preténdese comprobar a capacidade do alumnado para

extraer a información relevante sobre aspectos históricos e/ou culturais,

previamente traballados, en textos variados.

2. Localizar no tempo e no espazo as etapas básicas das culturas grega e romana e os

seus feitos máis relevantes, os elementos de cambio e continuidade e as relacións con

outras culturas coetáneas.

Con este criterio preténdese comprobar a capacidade de identificar en

textos e situar no espazo e no tempo, feitos relevantes da historia das culturas

clásicas, previamente traballados.

3. Identificar as formas básicas de organización social e política de Grecia e de Roma e a

súa continuidade no mundo de hoxe.

Preténdese comprobar se o alumnado é quen de comprender a

organización socio-política de Grecia e de Roma, así como establecer

comparacións coa existente na actualidade.

2

Page 3: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-20174. Localizar no espazo xeográfico as civilizacións grega e romana, así como recoñecer os

elementos relevantes do patrimonio arqueolóxico e artístico na Gallaecia e Hispania.

Preténdese comprobar a capacidade para localizar en mapas o espazo

das civilizacións antigas, así como recoñecer e situar os restos máis relevantes

na Galicia e na España actual.

5. Distinguir nas diversas manifestacións literarias, artísticas e, incluso, científicas de

todos os tempos, a mitoloxía clásica como fonte de inspiración.

Preténdese comprobar se as alumnas e os alumnos, despois de traballar

na clase os mitos máis salientables, son quen de identificalos en manifestacións

literarias e doutro tipo, adecuadas á súa idade.

6. Identificar elementos do legado lingüístico común das linguas románicas actuais.

Recoñecer o vocabulario grecolatino nas linguas modernas.

Búscase comprobar se o alumnado, acudindo ás aprendizaxes xa

adquiridas nas outras linguas, é quen de recoñecer elementos comúns a todas

elas no vocabulario.

7. Recoñecer os trazos esenciais de cada xénero literario.

Preténdese comprobar se o alumnado coñece os elementos básicos dos

xéneros literarios clásicos, acudindo ás aprendizaxes xa adquiridas nas outras

linguas.

8. Identificar aspectos significativos da achega da cultura clásica á civilización

occidental no campo do pensamento, da ciencia e da técnica.

Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de relacionar as achegas

do mundo clásico nos eidos do pensamento, ciencia e técnica, ao mundo

actuais.

3

Page 4: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017

9. Valorar criticamente a herdanza dos clásicos e as posibilidades de influencia no

mundo actual, establecendo relacións entre algúns dos valores, disposicións e costumes.

Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado, coa axuda do

profesorado, é quen de analizar a permanencia do legado clásico na

actualidade, así como a evolución co paso do tempo.

10. Manexar recursos que permitan elaborar, coa axuda do profesorado, un traballo

temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e técnica, a historia, as

institucións, ou a vida cotiá en Roma.

Preténdese comprobar a capacidade do alumnado para elaborar un

pequeno traballo sobre algún dos aspectos do legado do mundo clásico e a

capacidade de exposición posterior na aula. Valorarase o grao de planificación e

a selección da información, que se debe facer acudindo a fontes variadas, así

como a presentación clara e ordenada e a utilización dos medios informáticos.

INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN.

Enténdese como unha avaliación continua e que regula constantemente

un proceso de ensino-aprendizaxe o mellor axustado posible ás características

individuais do alumnado. Tamén se pretende avaliar o propio proceso de

ensinanza. Pártese dunha avaliación inicial dos coñecementos previos do

alumnado e logo regularase o traballo que vai realizando a cotío en relación cos

distintos contidos conceptuais, coas competencias básicas e cos valores

recollidos nas distintas unidades didácticas. Usaranse como instrumentos da

avaliación o exame (repartido en controles e exames trimestrais e ao longo do

curso), a análise dun vídeo (película ou documental segundo o tempo o

permita), a lectura dun libro con comentario escrito a entregar e a exposición na

clase da biografía dun personaxe importante no mundo grecolatino ou dun

4

Page 5: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017tema da cultura grega ou romana. Como a avaliación debe ser continua

incluiremos outros criterios e instrumentos como son a realización das

actividades propostas, o esforzo persoal e a participación na marcha da clase.

En xeral atenderanse tres niveis:

- O traballo individual: capacidade de descrición, relación e análise.

- O traballo en grupo: rigor, participación e aporte individual ó grupo.

- Funcionamento da clase: Observación de dinámicas, probas e traballos a

entregar.

Criterios de Cuantificación

Principalmente teranse en conta a expresión oral e escrita do alumnado,

representadas pola súa capacidade para responder preguntas teóricas nos

exames, xa sexan cuestións curtas, preguntas tipo tema ou a relacionar.

Ademais, tomarase en consideración tódolos aspectos comentados ata o

momento englobándoos en dou conxuntos:

Conceptos 70 %Participación, traballo en clase e realizacion das tarefas en casa 30%

Finalmente estes aspectos valóranse cunha nota entre 1 e 10 sen incluír

decimais. A avaliación continua implica un +/- 1 sobre esta nota para

representar o traballo diario. Cada dúas unidades didácticas farase unha proba,

no caso que o alumnado a aprobe, considerarase materia superada, se non o

consigue, tomaranse medidas de recuperación no exame final de cada

avaliación. Búscase a evolución continua, non o mero esforzo memorístico

momentáneo. A nota da avaliación será a media das notas parciais incluíndo

tódolos aspectos considerados, a nota final do curso será a media das distintas

5

Page 6: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017avaliacións, sempre que superen o 5 ou máis superarase a materia, se non

haberá novas oportunidades de recuperar a materia no exame extraordinario de

Setembro.

A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre

positivamente, así como as intervencións acertadas, que poderanse premiar con

positivos; cinco positivos sumarán 0´5 á nota final.

Tamén se valorará positivamente a realización de lecturas

complementarias (xustificadas presentando un traballo escrito sobre elas ou

mediante un debate co resto do alumnado ou ca profesora) ou de traballos

complementarios de investigación, sempre que a súa calidade sexa aceptable.

A non realización das tarefas cotiás da clase, o non respostar cando a

profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento

poderán significar negativos. Cada cinco negativos restarase á nota final 0´5.

As faltas de ortografía nos exames e nos traballos entregados por escrito

contarán negativamente: -0´05.

SISTEMA DE RECUPERACIÓN DAS PARTES SUSPENSAS.

No caso de non superar algunha avaliación, propoñerase con

posterioridade unha proba escrita de recuperación dos contidos estudados, cun

plan de traballo individualizado. En xuño haberá un exame final no que entrará

toda a materia do curso e que farán aqueles alumnos/as que non superaran as

diferentes actividades de recuperación.

4ª ESO LATÍN

Criterios de avaliación

6

Page 7: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-20171. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois de

resumilos, aspectos históricos ou culturais. Este criterio pretende verificar

a capacidade de comprender o contido dun texto, identificar

acontecementos, personaxes e aspectos da civilización romana, e

relacionar os datos do texto con referentes actuais.

2. Distinguir nas diversas manifestacións literarias e artísticas de todos os

tempos a mitoloxía clásica como fonte de inspiración e recoñecer no

patrimonio arqueolóxico as pegadas da romanización. Este criterio trata de

comprobar se se identifican os principais elementos da mitoloxía clásica e

o patrimonio arqueolóxico romano en diversos contextos expresivos,

textos literarios e iconografía de calquera tipo, se se comprende o seu

significado específico e se se advirte o seu valor como fonte de inspiración.

3. Aplicar as regras básicas de evolución fonética a étimos latinos que dean

orixe a termos romances do vocabulario habitual e establecer a relación

semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. Con este criterio

preténdese avaliar a capacidade para utilizar os mecanismos de evolución

fonética e analizar as diferenzas de significado entre palabras dunha

mesma orixe.

4. Identificar compoñentes de orixe grecolatina en palabras da linguaxe cotiá

e no vocabulario específico das ciencias e da técnica, e explicar o seu

sentido etimolóxico. Este criterio trata de comprobar a capacidade de

recoñecer os formantes gregos e latinos en diferentes contextos lingüísticos

e producir definicións etimolóxicas de termos cotiáns, científicos e

técnicos.

5. Recoñecer latinismos e locucións usuais de orixe latina incorporadas ás

linguas coñecidas polo alumno e explicar o seu significado en expresións

orais e escritas. Este criterio pretende verificar se o alumnado identifica e

7

Page 8: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017comprende as expresións latinas integradas nas linguas modernas e se é

capaz de utilizalas de xeito coherente.

6. Recoñecer os elementos morfolóxicos e as estruturas sintácticas elementais

da lingua latina e comparalos cos da propia lingua. Con este criterio

trátase de constatar a compresión do funcionamento básico da lingua

latina e a capacidade de establecer analoxías e diferenzas con elementos e

estruturas da súa propia lingua.

7. Traducir textos breves e sinxelos e producir, mediante retroversión,

oracións simples utilizando as estruturas propias da lingua latina. Este

criterio intenta comprobar se as alumnas e os alumnos asimilaron as

estruturas morfolóxicas e sintácticas elementais da lingua latina e se son

capaces de recoñecelas para realizaren traducións directas ou inversas de

textos elaborados de escasa dificultade.

8. Manexar recursos que lle permitan ao alumnado elaborar, guiado polo

profesorado, un traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da

produción artística e técnica, a historia, as institucións, ou a vida cotiá en

Roma. Este criterio quere comprobar se o alumnado é quen de buscar

información en fontes e formatos diversos, seleccionala, organizala e,

despois da elaboración dun texto, expresala con orde, coherencia e

cohesión.

INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN.

Como a avaliación debe ser continua incluiremos outros criterios e

instrumentos como son a realización das actividades propostas, o esforzo

persoal e a participación na marcha da clase. En xeral atenderanse tres niveis:

- O traballo individual: capacidade de descrición, relación e análise.

8

Page 9: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017- O traballo en grupo: rigor, participación e aporte individual ó grupo.

- Funcionamento da clase: Observación de dinámicas, probas e traballos a

entregar.

Criterios de Cualificación

Principalmente teranse en conta a expresión oral e escrita do alumnado,

representadas pola súa capacidade para responder preguntas teóricas nos

exames, xa sexan cuestións curtas, preguntas tipo tema ou a relacionar.

Ademais, tomarase en consideración tódolos aspectos comentados ata o

momento englobándoos en dous conxuntos:

Conceptos 70%Participación, traballo en clase e realizacion das tarefas en casa 30%

Finalmente estes aspectos valóranse cunha nota entre 1 e 10 sen incluír

decimais. A avaliación continua implica un +/- 1 sobre esta nota para

representar o traballo diario. Cada dúas unidades didácticas farase unha proba,

no caso que o alumnado a aprobe, considerarase materia superada, se non o

consigue, tomaranse medidas de recuperación na terceira avaliación. Búscase a

evolución continua, non o mero esforzo memorístico momentáneo. A nota da

avaliación será a media das notas parciais incluíndo tódolos aspectos

considerados, a nota final do curso será a media das distintas avaliacións nunha

porcentaxe de 20% a primeira avaliación, 30% a segunda e 50% a terceira, se é 5

ou máis superarase a materia, se non haberá novas oportunidades de recuperar

a materia no exame extraordinario de Setembro.

9

Page 10: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017SISTEMA DE RECUPERACIÓN DAS PARTES SUSPENSAS.

Por ser avaliación continua non se farán recuperacións por avaliación. En

xuño haberá un exame final no que entrará toda a materia do curso e que farán

aqueles alumnos/as que non superaran as diferentes avaliacións.

1ª BACHARELATO LATÍN I

Criterios de Avaliación

1) Comprender e ser capaz de traducir textos latinos breves e sinxelos,

orixinais, adaptados ou elaborados, coa maior fidelidade posible.

Con este criterio preténdese comprobar, a través de exercicios de

comprensión e posterior tradución literal dun texto, a competencia

lingüística en latín e a capacidade de recoñecer as diversas estruturas dunha

lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade

mínima. Poderán contribuír á valoración da consecución de obxectivos os

exercicios doados de tradución inversa ou de elaboración en latín de

pequenas mensaxes orais e escritas.

2) Recoñecer en textos latinos sinxelos os elementos básicos da

morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión

do texto latino, apreciando variantes e coincidencias con outras

linguas coñecidas, especialmente co galego e co castelán.

Este criterio pretende comprobar se o alumnado adquiriu as nocións

de morfoloxía e de sintaxe que lle permitan recoñecer as características

dunha lingua flexiva e identificar formas, funcións e elementos fundamentais,

todo iso sempre co obxectivo primordial de comprender e traducir o texto

latino. O alumnado relacionará eses elementos básicos cos das linguas galega

10

Page 11: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017e castelá ou outras coñecidas por el.

3) Ler e comentar textos traducidos de diversos xéneros ou referentes ao

mundo romano e distinguir aspectos históricos e culturais contidos

neles.

Con este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o contido

esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre elas. O

estudante poderá manifestar a súa competencia mediante exercicios de lectura

comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos latinos con

textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade.

4) Recoñecer no léxico do galego, do castelán e doutras linguas faladas na

Península palabras de orixe latina e analizar a súa evolución fonética,

morfolóxica e semántica, así como deducir regras básicas de

derivación e composición.

Este criterio trata de constatar se o alumnado ten conciencia de que as

linguas faladas na Península evolucionaron desde o latín, agás o eúscaro, que

recibiu del importantes achegas léxicas. Deberanse relacionar palabras do

galego e do castelán ou doutras linguas romances cos seus correspondentes

étimos latinos e identificar os cambios fonéticos, morfolóxicos e semánticos

producidos no curso da súa evolución.

5) Identificar os aspectos máis importantes da historia do pobo romano e

da súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura

romana en diversos aspectos da civilización actual.

Con este criterio comprobarase o coñecemento do pasado romano,

especialmente centrado na Península Ibérica, e a constatación da súa vixencia

no mundo actual. Posibles exercicios son o traballo sobre fontes escritas e

iconográficas, sobre pezas conservadas nos fondos museísticos e xacementos

arqueolóxicos, ou a procura nos medios de comunicación de referencias ao

11

Page 12: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017mundo romano.

6) Planificar e realizar, seguindo as pautas do profesorado, algún traballo

de investigación sobre a presenza do mundo romano no contorno,

consultando as fontes directas (restos arqueolóxicos, epigrafía, textos

antigos) e utilizando as TIC como ferramenta de organización e

comunicación dos resultados.

Este criterio pretende verificar que o alumnado distingue no seu

contorno os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do

noso propio pasado, e que os interpreta correctamente mediante a

utilización selectiva de fontes diversas. Tamén trata de avaliar a capacidade

de indagar nas fontes directas e tomar contacto cos materiais ordenando os

datos obtidos e elaborando o traballo mediante o uso das TIC como

ferramentas fundamentais.

Dado que a materia , ainda que sexa nova para o alumnado, precisa de

coñecementos gramaticais e sintácticos claros, a profesora, mediante

preguntas en clase previas a cada novo concepto, se asegurará de que que o

alumno/a ten adquiridos ditos niveis básicos e, se é o caso, subsanará

mediante exercicios e explicaciones entido recoméndase o uso de páxinas

web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e dicionarios en liña,

programas de presentacións e outras ferramentas da internet.

7) Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas deseñadas

ou películas documentais e de ficción relativas ao mundo romano.

Este criterio pretende que o alumnado practique o hábito da lectura

comprensiva e a visión crítica de películas documentais e de ficción

relacionadas co mundo romano.

INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN

12

Page 13: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017A profesora terá en conta diferentes aspectos:

-Traballo de clase de cada alumno: realización das actividades propostas, tanto

por escrito no caderno como de xeito oral.

- Participación activa e voluntaria nas clases.

- Nivel de dominio da materia comprobado mediante exames por escrito.

- Realización de traballos individuais ou en grupo.

A nota final de cada alumno e alumna calcularase segundo as seguintes

porcentaxes: 20% a primeira avaliación, 30% a segunda e 50% a terceira. É

necesario sacar un cinco para aprobar. Por ser avaliación continua non se farán

recuperacións das avaliación.

Probas escritas realizadas en clase 80%

Realización de traballos individuais e en grupo e lecturas obrigatorias 10%

Participación en clase, traballo e tarefas deberes 10 %

A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre

positivamente, así como as intervencións acertadas, que poderanse premiar con

positivos; cinco positivos sumarán 0´5 na nota final.

Tamén se valorará positivamente a realización de lecturas

complementarias (xustificadas presentando un traballo escrito sobre elas ou

mediante un debate co resto do alumnado ou ca profesora) ou de traballos

complementarios de investigación, sempre que a súa calidade sexa aceptable.

A non realización das tarefas cotiás da clase, o non respostar cando a

profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento

poderán significar negativos. Cada cinco negativos restarase á nota final 0´5.

Como non podía ser doutro xeito, tratándose desta materia, as faltas de

ortografía nos exames e nos traballos entregados por escrito contarán

13

Page 14: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017negativamente: -0´05 as faltas leves (tiles, palabras especialmente complexas

pola súa especialización...) e -0´1 as faltas graves (maiúsculas, b/v...)

SISTEMA DE RECUPERACIÓN DAS PARTES SUSPENSAS.

A avaliación será continua,polo que non haberá probas de recuperación,

senón un seguimento continuo e personalizado de cada alumno.

2ª BACHARELATO LATÍN II

Criterios de Avaliación

1. Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente textos latinos

pertencentes a diversos xéneros literarios.

Con este criterio preténdese comprobar o progreso na práctica da

tradución, así como a capacidade de lectura comprensiva adquirida polo

alumnado. Na tradución procurarase combinar a fidelidade coa corrección no

estilo, facendo un adecuado uso do dicionario.

2. Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da morfoloxía

regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto latino, apreciando

variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co galego e co

castelán.

Este criterio trata de comprobar o coñecemento e manexo da lingua latina

por parte do alumnado, completando o nivel adquirido no curso anterior

mediante o estudo das irregularidades morfolóxicas de maior frecuencia e dos

procedementos máis habituais de subordinación propios da lingua latina. O

alumnado debe manifestar o seu

14

Page 15: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017avance neste nivel facendo análises morfosintácticas de textos orixinais de

dificultade progresiva e recoñecendo as variantes e coincidencias respecto

doutras linguas por el coñecidas.

3. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do alumnado,

identificando os seus compoñentes e deducindo o seu significado etimolóxico.

Este criterio trata de avaliar se o alumnado domina os procedementos de

derivación e composición na formación do léxico latino e se é consciente de que

eses derivados pasaron como tales á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de

comprobar se reflexionou sobre os procedementos de derivación e composición,

nos que xogan un papel preponderante os afixos de orixe grecolatina.

4. Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as estruturas e trazos

literarios destes e recoñecer o papel da literatura clásica nas literaturas occidentais.

Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos elementos

esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se se recoñecen os diversos

xéneros polos seus trazos diferenciadores. O comentario versará sobre textos

con sentido completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con

textos da literatura posterior, especialmente a escrita en galego e castelán, nos

que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da literatura latina.

5. Planificar e realizar traballos monográficos manexando fontes de diversos

tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices, léxicos, traballos específicos etc.) e

utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación como ferramenta de

organización e comunicación dos resultados.

Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do alumnado na

planificación, procura, recompilación e sistematización da información, así

como o grao de corrección na expresión oral ou escrita. O alumnado, guiado

polo profesorado, planificará a actividade, organizará a información,

contrastaraa e intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante

15

Page 16: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas

fundamentais en todo o proceso e como soporte para a exposición das súas

conclusións. Neste sentido, recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas

colaborativas, enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e

outras ferramentas de internet.

6. Ler obras da literatura latina traducidas.

Con este criterio preténdese que o alumnado capte a mensaxe contida na

obra, as claves do xénero e o seu contexto histórico. Pode tratarse de obras

completas, traducidas ou adaptadas ao nivel de bacharelato, ou ben de

antoloxías dunha única ou varias autorías ou que se articulen ao redor de temas

concretos. O que se procura fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura

con textos atractivos para o alumnado.

INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN

A profesora terá en conta diferentes aspectos:

-Traballo de clase de cada alumno: realización das actividades propostas, tanto

por escrito no caderno como de xeito oral.

- Participación activa e voluntaria nas clases.

- Nivel de dominio da materia comprobado mediante exames por escrito.

- Realización de traballos individuais ou en grupo.

- Lectura obrigatoria de obras clásicas latinas traducidas e literatura

contemporánea de tema clásico.

- Comportamento na clase correcto e respectuoso, tanto cos compañeiros como

ca profesora.

A nota final de cada alumno e alumna calcularase segundo as seguintes

porcentaxes: 20% a primeira avaliación, 30% a segunda e 50% a terceira. É

16

Page 17: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017necesario sacar un cinco para aprobar. Por ser avaliación continua non se farán

recuperacións das avaliación. Na nota da avaliación terase en conta:

Probas escritas realizadas en clase 90%

Realización de traballos individuais e en grupo e lecturas

obrigatorias e traballo en clase e realizacion de tarefas deberes

10%

A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre

positivamente, así como as intervencións acertadas, que poderanse premiar con

positivos; cinco positivos sumarán 0´5 na nota final.

Tamén se valorará positivamente a realización de lecturas

complementarias (xustificadas presentando un traballo escrito sobre elas ou

mediante un debate co resto do alumnado ou ca profesora) ou de traballos

complementarios de investigación, sempre que a súa calidade sexa aceptable.

A non realización das tarefas cotiás da clase, o non respostar cando a

profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento

poderán significar negativos. Cada cinco negativos restarase á nota final 0´5.

Como non podía ser doutro xeito, tratándose desta materia, as faltas de

ortografía nos exames e nos traballos entregados por escrito contarán

negativamente: -0´05 as faltas ortográficas.

BACHARELATO GREGO I

Criterios de Avaliación

17

Page 18: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-20171. Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua materna, utilizar os seus

diferentes signos ortográficos e de puntuación e recoñecer o reflexo do alfabeto grego no

abecedario latino propio das linguas modernas do noso contorno.

2. Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos.

3. Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da morfoloxía e da sintaxe da oración,

apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.

4. Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e do

léxico científico e técnico das linguas modernas a partir de termos que aparezan nos

textos.

5. Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros ou textos referidos ao

mundo grego e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles.

6. Situar no tempo e no espazo os máis importantes acontecementos históricos de Grecia,

identificar as súas manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa pegada na nosa

civilización.

7. Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado, pequenos traballos de

investigación sobre a persistencia do mundo grego, consultando as fontes directas e

utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de

organización e comunicación dos resultados.

INSTRUMENTOS E SISTEMAS DE AVALIACIÓN.

O labor fundamental do profesorado é a observación e o control do

traballo diario da alumna ou alumno mediante:

- Preguntas frecuentes na aula.

18

Page 19: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017- Seguimento do caderno de actividades.

- Control de asistencia e puntualidade.

– Observación do grao de participación na clase.

– Valoración da actitude.

As valoracións seguirán seguirá este criterio:

Probas escritas realizadas en clase 80%

Realización de traballos individuais e en grupo e lecturas

obrigatorias

10%

Participación en clase, traballo e tarefas deberes 10 %

Conceptos e procedementos (probas escritas)

• Lingua grega: 30%.

• Textos e a súa interpretación: 30%.

• Léxico e a súa evolución: 15%.

• Grecia e o seu legado: 15%.

Ao longo da avaliación farase polo menos dous exames que poderán

incluir cuestións sobre léxico e a súa evolución, Grecia e o seu legado

morfoloxía da lingua grega e sintaxe, así como a tradución de oracións onde

aparecerán os contidos de morfoloxía e sintaxe traballados ao longo da

avaliación. A cualificación da avaliación consistirá na suma das dúas probas

escritas e a cualificación dos contidos actitudinais (grao de asistencia e interese

19

Page 20: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017amosado na clase, realización das tarefas cotiás...) Para facer a suma é necesario

que alumno acade como mínimo un 5 nas probas escritas.

Polas condicións propias desta disciplina a cualificación da terceira

avaliación será a máis importante do curso pero a nota media resultante será:

1ª Avaliación 20%

2ª Avaliación 30%

3ª Avaliación 50%

A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre

positivamente. Tamén se valorará positivamente a realización de lecturas

complementarias con ficha ou de traballos complementarios de investigación,

sempre que a súa calidade sexa aceptable.

A non realización das tarefas cotiás da clase, o non responder cando a

profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento ou

faltas de respeto graves ou absentismo prolongado sen xustificación deberán e

poderán terse en conta na valoración final do alumno.

No que respecta ás faltas de ortografía nos exames e nos traballos terase

en conta o decidido na CCP para que poida ser xeneralizado e haxa un criterio

único.

BACHARELATO GREGO I I

Criterios de Avaliación

20

Page 21: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-20171. Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua materna, utilizar os seus

diferentes signos ortográficos e de puntuación e recoñecer o reflexo do alfabeto grego no

abecedario latino propio das linguas modernas do noso contorno.

Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado recoñece os

signos ortográficos básicos da lingua grega e le con soltura textos breves. Así

mesmo, comprobarase a súa capacidade para transcribir termos á súa lingua

materna e para relacionar os dous sistemas de escritura, distinguindo as

semellanzas e diferenzas ortográficas e fonéticas entre ambos.

2. Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos.

Preténdese comprobar se, con exercicios de comprensión e posterior

tradución literal dun texto, o alumnado posúe a capacidade de recoñecer as

diversas estruturas dunha lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou

elaborados e de dificultade mínima.

3. Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da morfoloxía e da sintaxe da oración,

apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas.

Este criterio pretende comprobar se se adquiriron as nocións de

morfoloxía e sintaxe que permitan recoñecer as características dunha lingua

flexiva e identificar formas e funcións. Relacionaranse eses elementos básicos

cos do galego e do castelán ou cos doutras linguas coñecidas.

4. Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e do

léxico científico e técnico das linguas modernas a partir de termos que aparezan nos

textos.

21

Page 22: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017Este criterio permite comprobar a capacidade de relacionar termos da

propia lingua materna ou doutras que coñeza o alumnado co correspondente

étimo grego. Tamén intenta verificar se o alumnado adquiriu un vocabulario

básico que lle permita deducir palabras da mesma familia etimolóxica e os seus

significados, tendo en conta os procedementos de derivación e composición.

5. Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros ou textos referidos ao

mundo grego e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles.

Con este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o

contido esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre

elas. Poderase manifestar esta competencia mediante exercicios de lectura

comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos gregos con

textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade. Os textos

referidos ao mundo grego servirán, ademais, para aprender a reflexionar sobre

os diferentes modos de se achegar á cultura clásica.

6. Situar no tempo e no espazo os máis importantes acontecementos históricos de Grecia,

identificar as súas manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa pegada na nosa

civilización.

Este criterio trata de comprobar que se sitúan na súa época e marco

xeográfico, tanto os acontecementos máis importantes que configuraron a

historia de Grecia, como as súas manifestacións culturais máis significativas.

Preténdese tamén constatar se se é capaz de recoñecer os elementos da cultura

grega presentes na actualidade. Poderase manifestar a competencia elaborando

mapas e desenvolvendo exposicións escritas ou orais sobre o mundo clásico.

22

Page 23: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-20177. Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado, pequenos traballos de

investigación sobre a persistencia do mundo grego, consultando as fontes directas e

utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de

organización e comunicación dos resultados.

Este criterio pretende verificar que as alumnas e os alumnos distinguen

os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do noso propio

pasado, e que os interpretan criticamente á luz dos coñecementos que xa teñen,

mediante a utilización selectiva de fontes diversas. Tamén trata de avaliar se son

capaces de indagar nas fontes directas e tomar contacto coas materias

ordenando os datos obtidos e elaborando o seu traballo mediante o uso das

tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas fundamentais.

Instrumentos de Avaliación

O traballo diario é a clave para acadar os obxectivos xa sinalados. Dado o

número reducido de alumnado do grupo, farase un seguimento diario do

traballo desenvolvido, procedendo á corrección de erros tanto no apartado

conceptual coma procedimental e actitudinal case inmediato. Contémplase así a

avaliación formativa.

Ademais farase unha avaliación final, sumativa ó remate de cada bloque

de contidos para comprobar o grao de consecución dos obxectivos fixados para

o período de tempo de que se trate. Detectanse así os avances, dificultades e

erros conceptuais, procedimentais e actitudinais antes de abordar a seguinte

secuencia de aprendizaxe. Para esta avaliación final faranse exames escritos e

23

Page 24: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017probas específicas, con resultados cotexados coa a avaliación formativa, dando a

nota de trimestre e finalmente de curso.

Procedementos de avaliación.

O labor fundamental do profesorado é a observación e o control do

traballo diario da alumna ou alumno mediante:

- Preguntas frecuentes na aula.

- Seguimento do caderno de actividades.

- Control de asistencia e puntualidade.

– Observación do grao de participación na clase.

– Valoración da actitude.

Esta observación seguirá o seguinte criterio de cuantificación:

Probas escritas realizadas en clase 90%

Realización de traballos individuais e en grupo, lecturas

obrigatorias, traballo en clase e realizacion de tarefas deberes

10%

– Conceptos e Procedementos: probas escritas

Ao longo da avaliación farase polo menos dous exames que poderán

incluír cuestións sobre léxico e a súa evolución, Grecia e o seu legado

morfoloxía da lingua grega e sintaxe, así como a tradución de oracións onde

aparecerán os contidos de morfoloxía e sintaxe traballados ao longo da

avaliación. A cualificación da avaliación consistirá na media das dúas probas

escritas (sempre e cando estén cualificadas como aptas) e a cualificación dos

24

Page 25: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017contidos actitudinais (grao de asistencia e interese amosado na clase, realización

das tarefas cotiás...). É necesario que os exames acaden un mínimo de 5 puntos

para ser considerados aptos.

Polas condicións propias desta disciplina a cualificación da terceira

avaliación será a máis importante do curso pero a nota media resultante será:

1ª Avaliación 20%

2ª Avaliación 30%

3ª Avaliación 50%

A participación e as saídas voluntarias ao encerado valoraranse sempre

positivamente. Tamén se valorará positivamente a realización e presentación

oral de traballos complementarios de investigación, sempre que a súa calidade

sexa aceptable.

A non realización das tarefas cotiás da clase, o non responder cando a

profesora pregunta, así como as chamadas de atención por comportamento ou

faltas de respeto graves ou absentismo prolongado sen xustificación deberán e

poderán terse en conta na valoración final do alumno.

No que respecta ás faltas de ortografía nos exames e nos traballos terase

en conta o decidido na CCP para que poida ser xeneralizado e haxa un criterio

único.

Por último, sinalaremos o peso dos contidos na avaliación:

* Análise morfosintáctico: 35%

* Traducción: 35%

25

Page 26: CRITERIOS DE AVALIACIÓN - edu.xunta. · PDF fileDepartamento de Linguas Clásicas 2016-2017 3º ESO CULTURA CLÁSICA Criterios de avaliación 1. Identificar en textos traducidos de

Departamento de Linguas Clásicas 2016-2017* Helenismos e vocabulario: 10%

* Aspectos culturales varios (historia, literatura…): 20%

Non haberá exames de recuperación por tratarse de avaliación continua. Os

alumnos deberán demostrar que poden aprobar un texto de selectividade e se

lles aplicarán os criterios de correción e puntuación establecidos pola Ciuga

para a materia de grego.

Os exames de xuño e de setembro consistirán nun exame modelo de

selectividade e os criterios de corrección serán os mesmos que propón a

Comisión Universitaria. O curso de Grego II estará enfocado a que os alumnos

superen con éxito a proba de acceso á Universidade.

26


Recommended