+ All Categories
Home > Documents > Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía...

Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía...

Date post: 11-Jun-2020
Category:
Upload: others
View: 0 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
14
7 1. Os pobos bárbaros 2. Os reinos xermánicos 3. O reino suevo 4. O reino visigodo de Toledo 5. O imperio de Xustiniano * Autoavaliación Tema 1 Eixe temporal 711 Entrada dos musulmáns na península ibérica. Fin do reino visigodo 375 Inicio da invasión dos hunos 406 Suevos, vándalos e alanos atravesan a fronteira do Rin 395 Teodosio divide o imperio 411 Reino suevo en Gallaecia 434 Ala, rei dos hunos 455 Saqueo de Roma polos bárbaros 476 Fin do imperio romano de occidente 493 Reino ostrogodo na península itálica 527 Imperio de Xusniano I 565 Fin do imperio de Xusniano I 507 Entrada masiva de visigodos na península ibérica 585 Os visigodos conquistan o reino suevo IMPERIO ROMANO DE OCCIDENTE IMPERIO Imperio de XUSTINIANO I R O M A N O D E O R I E N T E R E I N O S X E R M Á N I C O S Fibela visigoda de cinto. Pobos bárbaros e reinos xermánicos
Transcript
Page 1: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

7

1. Os pobos bárbaros2. Os reinos xermánicos

3. O reino suevo4. O reino visigodo de Toledo

5. O imperio de Xustiniano* Autoavaliación

Tema

1

Eixe temporal71

1En

trada

dos m

usul

mán

s na p

enín

sula

ibér

ica. F

in do

rein

o visi

godo

375

Inici

o da i

nvas

ión d

os hu

nos

406

Suev

os, v

ánda

los e

alan

os at

rave

san

a fro

nteir

a do R

in

395

Teod

osio

divid

e o im

perio

411

Rein

o sue

vo en

Gall

aecia

434

Atila,

rei d

os hu

nos

455

Saqu

eo de

Rom

a pol

os bá

rbar

os

476

Fin do

impe

rio ro

man

o de o

ccid

ente

493

Rein

o os

trogo

do na

pení

nsul

a itá

lica

527

Impe

rio de

Xusti

nian

o I

565

Fin do

impe

rio de

Xusti

nian

o I

507

Entra

da m

asiva

de v

isigo

dos

na p

enín

sula

ibér

ica

585

Os vi

sigod

os co

nqui

stan o

rein

o sue

vo

I m p E R I O R O m a n O d E O c c I d E n T E

I m p E R I OImperio de

XuSTInIanO IR O m a n O d E O R I E n T E

R E I n O S X E R m á n I c O S

Fibe

la v

isig

oda

de c

into

.

Pobos bárbaros e reinos xermánicos

Page 2: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

8

1Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1 Os pobos bárbaros

u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban fóra das fronteiras do seu impe-rio; non falaban a súa lingua e tiñan modos de vida moi diferentes.

u Eran pobos organizados en tribos dirixidos por xefes militares e levaban unha vida semi-nómade.

u Entre finais do século IV e finais do V tiveron lugar grandes movementos destes pobos como consecuencia da presión duns sobre outros. O proceso comezou cando os hunos (un pobo de Asia central) tiveron que desprazarse cara a Europa empurrados por outros pobos de Asia oriental.

u Iniciouse así o desprazamento de numerosos pobos que invadiron os territorios dos veci-ños e que acabaron por penetrar no imperio romano traspasando os seus límites.

u No ano 476 os bárbaros entraron en Roma e destronaron ao derradeiro emperador. Come-zou entón unha nova época coñecida como Idade Media que durarán ata 1492 co descu-brimento de América.

As invasións dos bárbaros nos séculos IV e V

TRACIATRACIAHISPANIA

Toledo

Tolosa

GALIAS

FRANCOS

CamposCatalaúnicos

RomaITALIA

Rávena

Verona

ALAMÁNS

SAXÓNS SUEVOSBURGUNDIOS

GODOS

VÁNDALOSASDINGOS

VÁNDALOSSILINGOS

XUTOS

ANGLOS

GODOS

SUEVOS

OSTROGODOS

VISIGODOS

Constantinopla

IMPERIOSASÁNIDAAdrianópole

Cartago

Fresole

Pobos federados(hacia 450):

TRACIA

Atenas

SCOTOSPICTOS

BRITANOS

POBOS BÁLT

ICOS

ESLAVOS

ALAN

OS

HUNOS

HUNOS

HÉRULOS

O imperio romanoacomezos do século IV

Rutas das invasións:HunosAlanosVándalosSuevosGodosVisigodosOstrogodosAlamánsBurgundiosXutosAnglosSaxóns

Vándalos

Suevos

Francos

Vitorias romanas

Derrotas romanas

Pobos xermánicosOutros pobos

Campamentode Atila

Burgundios

Ostrogodos

Visigodos

Mar Negro

M a r

Me

di t e r r á n e o

O c é a n oA t l á n t i c o

411

419

417

429

409 412

418

455

406

439

433

451

406

452

403

410

434

475

411

382

378395397

376

Page 3: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

9

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1 Completa as seguintes frases:

• Os romanos chamaron ....................................... aos pobos que habitaban fóra das ......................

.................... do seu imperio; non falaban a súa .................................. e tiñan modos de vida moi

....................................

• Eran pobos organizados en ....................................... dirixidos por xefes .......................................

de levaban unha vida .......................................

2 Quen foron os que provocaron o inicio das grandes invasións dos séculos IV e V en Euro-pa e parte de Asia?

o Os visigodos

o Os hunos

o Os saxóns

o Os vándalos

3 Fíxate no mapa da páxina anterior e relaciona os pobos bárbaros que se estableceron en zonas que hoxe lembran os seus nomes:

1 Francos Península de Xutlandia, actual Dinamarca

2 Britanos Actual Alemaña

3 Alamáns Actual Francia

4 Xutos Actual Inglaterra

4 Entre que datas se desenvolveu a etapa da Historia coñecida como Idade Media?

o 1345-1290

o 476-1492

o 1467-1456

o 1239-1456

Page 4: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

10

1Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

2 Os reinos xermánicos

u Os romanos chamaron xermánicos aos pobos bárbaros que habitaban as terras ao norte de fronteira do seu imperio, é dicir, unha ampla zona da Europa central.

u Desde o século II os xermanos foron penetrando no imperio romano de forma pacífica e mesmo formaron parte do seu exército.

u Pero a finais do século IV, por presión dos hunos, entraron masiva e violentamente no imperio romano e chegaron a Roma, onde destronaron o emperador.

u A partir do século V desapareceu a unidade política que conseguira establecer o imperio romano e comezaron a organizarse numerosos reinos en Europa central e occidental.

u Do que fora o grande imperio romano unicamente se mantivo a parte de oriente con capital en Constantinopla que perdurará ata 1453.

Braga

BRITANOSANGLOS

CÁNTABROSVASCÓNS

Toledo

REINO DOSSUEVOS

Tolosa

París

Tournal

REINODOS

BURGUNDIOS

Dijon

Rávena

Roma

ESLAVOS

REINODOS

OSTROGODOSREINODOS

XÉPIDOS

Constantinopla

IMPERIO

PERSA

SASÁNIDA

ÁRABESAlexandría

Cartago

REINO

DOS

VÁNDALOS

BEREBERES

TURINXIOS

SAXÓNS SAXÓNS

FRISIOS

Mar Negro

R E I N O D O S V

I SI G

OD

OS

R E I NO DOS FRANCOS

I M

P E R I O R O M A N O D E O R I E N T E M a r

Me d i t e r r á n e o

O c é a n oA t l á n t i c o

Europa a finais do século V

Page 5: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

11

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

5 Coa chegada dos bárbaros a Roma, desapareceu por completo o imperio romano?

o Si, porque foi invadido polos bárbaros

o Non, porque se mantivo o imperio romano en oriente

o Si, porque os xermanos controlaron o imperio

o Non, porque os romanos conseguiron recuperar o dominio sobre os xermanos

6 Fíxate no mapa e relaciona as zonas de asentamento de pobos xermánicos:

1 Suevos Borgoña, actual zona de Francia

2 Vándalos Illas Baleares

3 Ostrogodos Actual Galicia

4 Burgundios Península itálica

7 Como foi a entrada dos xermanos no imperio romano de occidente?

o Violenta desde o primeiro momento

o Primeiro pacífica e en pequenos grupos e máis tarde de forma masiva e violenta

o Sempre pacífica e con tratados de amizade

o Moi violenta a partir do século VI

8 Completa as seguintes frases:

• Do que fora o grande imperio ....................................... unicamente se mantivo a parte de orien-

te con capital en ....................................... que perdurará ata .......................................

• Os romanos chamaron ....................................... aos pobos ....................................... que habita-

ban as terras ao norte de fronteira do seu ......................................., é dicir, unha ampla zona da

Europa .......................................

Page 6: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

12

1Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

3 O reino suevo

u Os suevos foron un dos pobos xermánicos que, procedentes do centro de Europa, pene-traron na península ibérica no ano 409 e asentáronse na zona noroeste.

u Formaron un dos primeiros reinos europeos da Idade Media e estableceron a súa capital na cidade de Bracara Augusta, actual Braga (Portugal).

u Os exércitos suevos conseguiron ampliar o territorio do reino pero acabaron por ser derro-tados polos visigodos.

u O rei visigodo Leovixildo, no ano 585, derrotou os suevos e este reino quedou incorporado ao dos visigodos.

u Durante a época sueva tivo lugar a cristianización do noroeste da península ibérica, desta-cando a actividade realizada polo monxe Martiño de Dumio.

457 469

419

456

472

409

414

460

411441

425411

428

411

429

439Reino Suevo

SuevosVándalos AsdingosVándalos SilingosAlanosVisigodosHérulosBritanos

BarcinoTarraco

Cartago Nova

Caesaraugusta

Pompaelo

TOLOSA

BRACARA

CAMPI GALLAECIAE

Emerita

LucusAsturica

TOLETUM

HispalisCorduba

As primeiras invasións bárbaras na peninsula ibérica

Page 7: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

13

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

9 Que pobo xermánico se estableceu no noroeste da península ibérica a comezos do sécu-lo V?

o Os alanos

o Os visigodos

o Os suevos

o Os hérulos

10 Onde estableceron os suevos a capital do seu reino?

o En Bracara

o En Toletum

o En Lucus

o En Emerita

11 Indica se estas afirmacións son verdadeiras –V– ou falsas –F–. Escribe correctamente as falsas.

• No ano 585 Leovixildo conquistou o reino visigodo ——

• No ano 433 penetraron os suevos na península ibérica ——

• No ano 585 o rei visigodo Leovixildo conquistou o reino dos suevos ——

• O rei suevo Hermerico conquistou o reino visigodo no ano 585 ——

12 Que personaxe destacou na cristianización do reino dos suevos?

o San Paio

o Martiño Noriega

o Santiago apóstolo

o Martiño de Dumio

Page 8: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

14

1Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

4 O reino visigodo de Toledo

u Os visigodos foron un dos pobos xermánicos cos que o imperio romano estableceu pactos, permitíndolles que se establecesen dentro do imperio.

u A comezos do século IV formaron un reino na zona sur da actual Francia con capital en Tolosa.

u Pero tras ser derrotados polos francos (507), penetraron en Hispania e formaron un novo reino con capital en Toletum que perdurará ata o ano 711.

u O reino estaba dirixido por un rei elixido por unha asemblea de guerreiros e nobres. O seu exército ampliou o territorio e dominaron case toda a península ibérica.

u Culturalmente seguiron usando o latín e nesta lingua se redactaron as obras máis destaca-das, como a de Isidoro de Sevilla, que recompilou o saber do seu tempo nas Etimoloxías.

585

584

574

582

584

629

Campañas deSuintila

Campañas deLeovixildo

BRACARA

REINO DOS VISIGODOS

MAURITANIA

REINO DOSFRANCOS

VASCÓNSCÁNTABROS

REIN

O DO

S SU

EVOS

Emerita

Lucus

TOLETUM

Corduba

IMPERIO BIZANTINO

Dominio visigodo da península ibérica

Page 9: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

15

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

13 Por que os visigodos se viron na necesidade de penetrar na península ibérica?

o Porque foron obrigados polo emperador romano

o Porque querían dominar máis territorio

o Porque foron derrotados polos francos

o Porque necesitaban conquistar os suevos

14 Observa o mapa e responde:

a. Que reis visigodos destacaron polas súas conquistas?

• .......................................................................

• .......................................................................

b. Entre que anos tiveron lugar esas conquistas?

• Entre .............. e ..............

c. Contra que foron dirixidas esas conquistas?

• Contra ..................................... , ..................................... , ..................................... e ..................................

15 Os visigodos destacaron pola habilidade na confección de pezas de adorno e votivas realizadas en metais e es-maltes. Observa estas imaxes e trata de describilas.

Fibula visigoda, unha peza que serve para suxeitar a roupa a modo dun moderno imperdible, ademais de ser tamén unha xoia valiosa.

Coroa votiva do rei Recesvinto (Tesouro de Guarrazar, Toledo), peza característica da ourivería visigoda. Es-taba destinada a estar colgada sobre os altares.

Page 10: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

16

1Tema

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

5 O imperio de Xustiniano I

u Mentres que en Europa occidental o imperio romano desapareceu coa formación dos reinos xermánicos, en oriente sobreviviu e tivo unha etapa de grande esplendor militar e cultural no século VI baixo o reinado do emperador Xustiniano I.

u Este imperio tiña a súa capital na cidade de Constantinopla (antiga Bizancio, engrandecida polo emperador Constantino, hoxe Istambul). Os historiadores denominan a este imperio como imperio bizantino, un imperio que se mantivo ata 1453.

u Xustiniano I exerceu o poder de forma absoluta considerándose o representante de Deus na terra. Era o xefe supremo do exército, da administración e da Igrexa.

u Os exércitos bizantinos conquistaron territorios nas beiras do Mediterráneo, co o obxecti-vo de reconstruír o unidade romana, loitando contra reinos xermánicos.

u A igrexa de Santa Sofía de Constantinopla é a obra máis destacada da arquitectura bizan-tina do século VI.

SCOTOS

BRITANOS

ANGLOS

SAXÓNS

Toledo

Córdoba

Narbona

Cambrai

Reims

RomaNápoles

Rávena

Cartago

Trípoli

Aquileia

Tesalónica

Querson

Constantinopla(Bizancio)

Nicea

Éfeso

Trebisonda

TarsusAntioquía

BeirutDamasco

CaesareaXerusalén

PetraAlexandría

CÁNTABROSVASCÓNS

V I S I G O D O S

Baleares

V Á N D A L O S

Córsega

Sardeña

Sicilia

FRANCOS

SAXÓNS

FRISIOS

LONGOBARDOS

TURINXIOS

BURGUNDIOS

OSTROGODOS

Creta

XÉPIDOS

ESLAVOS

ÁVAROSBÚLGAROS

TRACIA

Chipre

ARMENIA

ÁRABES

PERSASSASÁNIDAS

CtesifonteSIRIA

EXIPTO

PENTÁPOLIS

Atenas

Zonas da conquista de Xustiniano

Expansión bizantina

Expansión franca

Mar Negro

Mar Bál

tico

Mar C

aspio

M a r

M e d i t e r r á n e o

O c é a n oA t l á n t i c o

Mar doNorte

SUEVOS

O imperio de Xustiniano I

Page 11: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

17

Actividades

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

16 Con que nomes é coñecida a capital do imperio romano de oriente?

o Bizancio o Éfeso o Roma

o Nicea o Tesalónica o Constantinopla

o Istambul o Tarsus o Cartago

17 En que século reinou o emperador Xustiniano I?

o X

o VIII

o VI

o XII

18 Observando o mapa, relaciona as zonas conquistadas e os reinos xermánicos atacados polos exércitos de Xustiniano I.

1 Norte de África Visigodos

2 Sur da península ibérica Vándalos

3 Península itálica Ostrogodos

19 Localiza imaxes da igrexa de Santa Sofía para compoñer un pequeno álbum fotográfico e fai unha breve descrición deste singular edificio.

Page 12: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

18

Responde a estas cuestións. Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o número de: Acertos Erros

1Tema

AutoavaliaciónPobos bárbaros e reinos xermánicos

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1. Completa as seguintes frases:

• Os romanos chamaron ....................................... aos pobos que habitaban fóra das ....................................... do seu imperio; non falaban a súa ....................................... e tiñan modos de vida moi .......................................

• Eran pobos organizados en ....................................... dirixidos por xefes ....................................... e levaban unha vida .......................................

2. Que pobo xermánico se estableceu no noroeste da península ibérica a co-mezos do século V?

o Os alanos

o Os visigodos

o Os suevos

o Os hérulos

3. Que personaxe destacou na cristianización do reino dos suevos?

o San Paio

o Martiño Noriega

o Santiago apóstolo

o Martiño de Dumio

4. Con que nomes é coñecida a capital do imperio romano de oriente?

o Bizancio o Éfeso o Roma

o Nicea o Tesalónica o Constantinopla

o Istambul o Tarsus o Cartago

5. Quen foi Xustiniano I?

o O militar máis destacado do reino visigodo

o O rei nos ostrogodos

o O emperador do imperio romano de oriente

o O monarca que reinou en Bizancio no século XII

Page 13: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

19

Responde a estas cuestións. Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o número de: Acertos Erros

1Tema

AutoavaliaciónPobos bárbaros e reinos xermánicos

Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións

1. Completa as seguintes frases:

• Do que fora o grande imperio ....................................... unicamente se mantivo a parte de oriente con capital en ....................................... que perdurará ata .......................................

• Os romanos chamaron ....................................... aos pobos ....................................... que habita-ban as terras ao norte de fronteira do seu ......................................., é dicir, unha ampla zona da Europa .......................................

2. Quen foron os que provocaron o inicio das grandes invasións dos séculos IV e V en Europa e parte e Asia?

o Os visigodos

o Os hunos

o Os saxóns

o Os vándalos

3. Coa chegada dos bárbaros a Roma, desapareceu por completo o imperio ro-mano?

o Si, porque foi invadidos polos bárbaros

o Non, porque se mantivo o imperio romano en oriente

o Si, porque os xermanos controlaron o imperio

o Non, porque os romanos conseguiron recuperar o dominio sobre os xermanos

4. Onde estableceron os suevos a capital do seu reino?

o En Bracara

o En Toletum

o En Lucus

o En Emerita

5. En que século reinou o emperador Xustiniano I?

o X

o VIII

o VI

o XII

Page 14: Tema 1 Pobos bárbaros e reinos xermánicos · 8 Tema1 Xeografía e Historia 2.º ESO. Baía Edicións 1 Os pobos bárbaros u Os romanos chamaron bárbaros aos pobos que habitaban

Recommended