+ All Categories
Home > Documents > Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con...

Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con...

Date post: 30-Jan-2018
Category:
Upload: tranngoc
View: 216 times
Download: 2 times
Share this document with a friend
34
MUIÑOS Unhas pinceladas do Concello. O Concello de Muíños sitúase na provincia de Ourense, na Comarca Natural da Baixa Limia. Unha parte do seu territorio forma parte do Parque Natural Baixa-Limia, Serra do Xurés. Limita ó norte co Concello de Bande, ó este con Porqueira, Calvos de Randín e Portugal, ó sur con Portugal e Lobios, e polo Oeste con Lobios e Lobeira. Posúe unha extensión de 109,7 km² e ó redor de 1800 habitantes. Formado por once parroquias nas que se distribúen 38 pobos. Santa María de Barxés : Abelleria, O Barrio, O Cruceiro, Pazos, A Pedreira, Quintá, Seoane de Taboadela, Taboadela, Tourós. Santa María de Cados : Barrio, Cados, Piñoi, San Miguel. Santiago de Couso de Salas : Calvelo, Cerdedo, Couso de Salas, A Pousa, O Reguengo. San Pedro de Fornadeiros : Fornadeiros, Soutelo. Santa Baia de Maus de Salas : Maus. San Pedro de Muiños : Agrelo, Mugueimes, Muíños, Picós, O Rañadoiro. San Pedro de Parada de Ventosa : Parada de Ventosa, Pazó. Santo André de Porqueirós : Porqueirós. San Salvador de Prado : Albite, Prado, Reparade, Salgueiro (pobo abandonado que foi comprado polo Parque Natural Baixa-Limia-Serra do Xurés). Santiago de Requiás : Guntumil, Requiás. Santa María de Souto de Limia : Güimil, Vilar de Cas, Xermeade.
Transcript
Page 1: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

MUIÑOS

Unhas pinceladas do Concello.O Concello de Muíños sitúase na provincia de

Ourense, na Comarca Natural da Baixa Limia. Unha parte do seu territorio forma parte do Parque Natural Baixa-Limia, Serra do Xurés.

Limita ó norte co Concello de Bande, ó este con Porqueira, Calvos de Randín e Portugal, ó sur con Portugal e Lobios, e polo Oeste con Lobios e Lobeira.

Posúe unha extensión de 109,7 km² e ó redor de 1800 habitantes. Formado por once parroquias nas que se distribúen 38 pobos.

Santa María de Barxés : Abelleria, O Barrio, O Cruceiro, Pazos, A Pedreira, Quintá, Seoane de Taboadela, Taboadela, Tourós.

Santa María de Cados : Barrio, Cados, Piñoi, San Miguel. Santiago de Couso de Salas : Calvelo, Cerdedo, Couso de Salas, A

Pousa, O Reguengo. San Pedro de Fornadeiros : Fornadeiros, Soutelo. Santa Baia de Maus de Salas : Maus. San Pedro de Muiños : Agrelo, Mugueimes, Muíños, Picós, O Rañadoiro. San Pedro de Parada de Ventosa : Parada de Ventosa, Pazó. Santo André de Porqueirós : Porqueirós. San Salvador de Prado : Albite, Prado, Reparade, Salgueiro (pobo

abandonado que foi comprado polo Parque Natural Baixa-Limia-Serra do Xurés).

Santiago de Requiás : Guntumil, Requiás. Santa María de Souto de Limia : Güimil, Vilar de Cas, Xermeade.

Page 2: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Muíños está regado polos ríos Limia e Salas principalmente, polo que converteuse nun Concello inundado por embalses, destacando As Conchas (enorme lago artificial sobre o río Limia rematado a finais dos anos corenta) e Salas (construído por Fenosa a comezos dos setenta) ; tamén os seus afluentes Fecha, Salgueiro, Fonte Nova, Promeiriño, da Portela, Causiliño e Bargado.

Tales encoros, asolagaron o canle natural do río Limia destruíndo os vellos camiños, como os poldrados que sobre o Limia comunican con Porto Quintela no veciño Bande.

Posúe unha orografía abrupta e contrastan os vales que oscilan en torno ós 260 metros, ás zonas de alta montaña que superan os 1500 m.

A súa economía fundaméntase principalmente na agricultura e gandería. As súas producións máis notables son: millo, patacas, legumes, liño e centeo. A gandería está formada sobre todo por vacún e ovino. Salientable é o feito de que se conserven aínda nos pobos de alta montaña as costumes ancestrais, é o caso de Guntumil e Requías , onde funcionan as comunidades agrarias (cada veciño ten asinada unha tarefa, acompañar o gando, tecer, facer unha fornada do pan,…) Nos últimos anos estanse asentando no municipio unha serie de servizos que ofrecen ó visitante a calidade do tradicional sen descoidar o último detalle e asentando a poboación que durante décadas buscou o seu medio de vida na emigración.

Encóntrase a uns 52 km de Ourense capital e a súa principal vía de comunicación pasa pola N-540 ata Bande, e unha vez aquí, quedan uns 12 km de estrada provincial que conduce a Mugueimes. Outra posibilidade pasa pola Autovía das Rias Baixas e a súa variante de Xinzo de Limia por Vilar de Santos. Muíños tamén é fronteira con Portugal, e o paso máis próximo é Touren.

Page 3: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Unha mirada atrás.Muíños conta con feitos relevantes tanto na súa historia como no

referente a monumentos. O paso do home quedou patente nos vales del Salas e nos aledaños do embalse de As Conchas; como mostra deles pódese apreciar un dos xacementos megalíticos máis importantes do Val de Salas, nos chairos da Clamadoira e do monte de Porqueirós. Contabilízanse o redor de 60 dolmens, polo que o Concello é considerado un dos máis importantes en cuanto a enterramentos, do sur de Galicia.

Fotografía de autor. As Conchas (esq.) Salas (dereita).

Durante a Idade de Ferro, destácanse os castros de Parada de Ventosa, Picós, Outeiro de Cela, San Pedro, Castelo de Taboadela, Xermeade, Guntumil e O Pisco. Coa chegada dos romanos, algúns destes castros converténdose en fortalezas. O Imperio Romano deixou importantes vestixios o longo destas terras, como o trazado da Vía Nova (Vía XVIII do Itinerario Antonino) de Braga a Astorga, que sucaba terras da parroquia de Parada de Ventosa e da cal saía un enlace que comunicaba co Val de Salas, pasando por Prado e Xermeade. De tempos romanos tamén é o Pazo de Barxés, enfronte do campamento romano de “Aquis Querquennis”, co cal comunicábanse a través da Ponte Pedrina (desaparecida baixo as augas do embalse de As Conchas). Na mansión Aquis Querquennis compartido con Bande, situada a 53 millas de Braga, paraban os viaxeiros e contaba cun pequeno destacamento militar duns 500 homes, encargado de vixiar a zona.

Sobre o territorio de Muíños tamén influíu, o privilexiado territorio independente chamado “O Couto Mixto” (Calvos de Randín); dito territorio tiña unha gran incidencia na vida económica e social das parroquias lindantes. Co nacemento do país veciño de Portugal e as disputas polas terras da chamada “Raia Seca”, construíronse varias torres de defensa, destacando as de Parada de Ventosa (Atalaia), Xermeade e Requiás.

Na historia máis recente, o Concello de Muíños non se diferenza de calquera outro da Baixa Limia. Foron moitos os que durante a guerra civil valéronse das montañas del Xurés para refuxiarse da intransixencia imperante durante catro décadas.

Page 4: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Salientable é o feito de que nesta poboación construíranse dous embalses durante a ditadura que, ademais de arrebatar as terras os seus lexítimos propietarios, conseguiu dividir a comarca en dous e mermar as relacións dos veciños máis próximos. Coa chegada da emigración, Muíños sufriu o mesmo, perdendo a poboación de forma considerable.

Onde perderse:

Xoias Naturais.O Concello de Muíños presenta un gran número de valores naturais e

patrimoniais que serven como atractivo turístico. A natureza e a auga conviven en perfecta harmonía. As praias fluviais (O Corgo e A Rola) son pequenos mares interiores para desfrutar en plenitude. Os dous encoros, o das Conchas e o de Salas, crean no seu entorno fermosas paisaxes que son aproveitadas incluso para o acondicionamento de praias fluviais, espazos recreativos, etc., nos que o desfrute da natureza está garantido. Dende a ponte que pasa por riba do encoro de Salas (de Cavaladre a Guntumil) nas épocas de seca, quedan descubertas as antigas leiras de cultivo de liño, asolagadas na actualidade, e tamén parte do fondo do encoro no que a auga labrou o terreo conformando unha paisaxe de singular beleza.

Ó carón do encoro de As Conchas e dentro do Parque Forestal “Outeiro da Cela”, está o complexo turístico-deportivo “O Corgo”, unhas modernas instalacións con albergue, residencia, camping, cafetería, restaurante e comedores. Dito parque forestal, conta con 4000 árbores de 150 especies diferentes, é un xardín botánico con especies autóctonas e foráneas, unha escola viva para milleiros de escolares que o visitan cada ano. As árbores agrupadas forman zonas como : faias, soutos, carballeiras, salgueirais, amieirais, vidueiras, sobreirais, aveledas, piñeirais do pais, pradairo, etc. Tamén hai que facer mención a outras dúas praias non menos importantes no mesmo encoro, Touza da Rola e Illa de Pazos.

Fotografía de autor. As Conchas (O Corgo).

Por outra parte, a fermosa paisaxe que forma a abrupta topografía do Concello, xera áreas de gran valor paisaxístico que deberían ser preservadas,

Page 5: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

así como as áreas que teñen visibilidade a estes espazos, que deberían ser acondicionadas como miradores, zonas verdes ou similar.

Muíños tamén conta con pequenas áreas recreativas ou de interese paisaxístico distribuídas polas diferentes parroquias que integran o Concello, como por exemplo: A Aparecida en Porqueirós, A Clamadoira en Barrio, diversos puntos da Serra de San Tomé (Pedra Branca, Penedo da Montería e A Cumieira), no norte do Concello; zonas de alto valor estético, como o que forman os vales e montañas da zona.

Fotografía de autor. Vistas desde A Clamadoira (Barrio).

Especial relevancia dende o punto de vista turístico, ten o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Neste parque, aparte dos indubidables valores naturais, tamén hai poboacións como “O Salgueiro” (pobo abandoado xa hai moitos anos), pero que, tanto no estado de conservación das vivendas, como polas fermosas vistas que dende o mesmo se poden contemplar, merece a pena visitar.1

Neste Concello, ademais das áreas

periféricas ós encoros As Conchas e Salas, existen outras tres zonas catalogadas como humedais de especial relevancia pola súa riqueza florística e que precisan de protección. Ubícanse no noreste do Concello: Val de Deus, Fonte da Grúa (Cachomigras) e Fonte de Cabanelas.

Foto: Pxom Muiños

Finalmente sinalamos o interese que teñen algunhas das áreas marcadas como zona de interese paisaxístico para desenrolar rutas de sendeirismo:

1 * Nota: O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, debido o seu interese, se contemplará de forma individualizada noutro apartado desta guía).

Page 6: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

ROTEIRO DE SENDERISMO

Ruta Torrente-Salgueiro: Itinerario de 12 km de dificultade media-alta, e una duración aproximada de 6 horas. Partindo de Mugueimes, capitalidade do concello, iniciase o percorrido nos muiños de Torrente, e se comeza a ascensión ata a ermida da Clamadoira (onde se pode fornecer de auga potable nunha fonte, ademais de disfrutar dunha boa vista panorámica do encoro de “As Conchas”). O pe da ermida existe un carballo bicentenario, que segundo a tradición popular, agocha un tesouro entre as súas raíces. Conta Vicente Risco que neste templo de devoción mariana celebrábase unha popular romaría no lugar no que se convocaba á loita contra os mouros.

Pódese seguir o camiño polo monte do Chairo, ata chegar ó núcleo de Prado. Á saída crúzase o río Salas por unha ponte de pedra, e continúase monte arriba ata chegar a Salgueiro (para acceder ó poboado hai que solicitar permiso ó Parque Natural Baixa Limia-Xurés, xa que aquí é onde se atopa o centro de adaptación da cabra montés e do garrano), aldea abandonada hai uns vintecinco anos, debido ó difícil acceso e comunicación para os seus habitantes.

Ruta do Ríos Salas ou ruta Megalítica: Itinerario duns 5 km de dificultade media, que percorre as marxes do río Salas desde o lugar de Aguieria, (no que pódese ollar unha fermosa fervenza) ata a presa do encoro de Salas, pasando por Reparade, Prado, Xermeada, Poza da Fecha e Presa de Salas. Na Poza da Fecha, pódese descansar e gozar dun entorno paradisíaco. En Salas están os dólmenes megalíticos coñecidos como “Casiña da Moura”, “Casota do Foxo” e “Outeiro de Cavaladre”, todos eles na zona de Maus de Salas (estes monumentos funerarios, semellantes ós panteóns, estaban formados por unha cámara edificada con grandes lousas, e o túmulo, un pequeno outeiro de terra protexido por unha coiraza de pedras e que case cobre a cámara. Nela introducían ós defuntos, xunto con enxovais funerarios: machados, gubias, puntas de frecha, todos de pedra, así como cerámica e outros útiles). Aquí pódese rematar o percorrido, ou optar por prolongalo outros 5 km continuando ata Tourem, xa en Portugal, e visitar o pobo no que o cardeal Quevedo atopou refuxio sen abandoar a súa diocese.

Ruta Guntumil-Portela de Pitôes-Requiás: Este roteiro duns 11 km, amosa un gran interese pese á súa dificultade. Iníciase o percorrido en Guntumil, collendo a estrada que se dirixe a Tourem, no veciño concello de Montealegre (continuando os vellos camiños tantas veces concorridos por contrabandistas e fuxidos), onde se toma o desvío que levará ata a ermida de Santa María de Castro (S. XII). Retornando ó sendeiro pódense contemplar restos megalíticos na zona chamada Padín, continuando a marcha ata o refuxio de montaña do Pisco. Alí cóllese a ruta que leva ata Portela de Pitoês (Montealegre-Portugal), onde pódese visitar os restos do mosteiro cisterciense de Pitoês das Junias ó

Page 7: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

tempo que se divisan os picos de Fontefría. Dende a aldea portuguesa iniciase o descenso ata chegar á aldea de Requiás, xa en Muiños.

Camiño das feiras: Itinerario duns 25 km e unha duración de 7 horas, catalogado como percorrido de forte pendente. Este camiño aínda permanece na memoria dos habitantes da Baixa Limia, sendo fundamental en décadas pasadas para o bo funcionamento das importantes feiras de Porqueirós e Couso de Salas. Iníciase o percorrido no antigo serradoiro de auga de Ganceiros (Lobios), continúase subindo por un camiño rodeado de piñeiros, e ó chegar ó monte chairo atópanse restos megalíticos e unha boa vista panorámica. Na ladeira do monte atopamos a aldea de Pazos e Parada de Ventosa (xa no Concello de Muiños). Déixanse a esquerda continuando monte a través para saír ó lado da aldea de Reparade. Séguese o sendeiro que conduce á ermida da Clamadoira e a tres km máis pola estrada, chégase ata Porqueirós, cruzando éste pódese visitar a súa ermida da Aparecida. Continúase polo estrada que nos levará a Couso. Nesta temos un desvío para o Castelo de Taboadela. Despois continuaremos ata a aldea de Santuario de Couso onde pódese visitar o Santuario.

Riqueza histórica e culturalEn Muíños, destaca a riqueza da arquitectura tradicional. Os seus

núcleos son pechados e con casas de pedra que supoñen un atractivo para moitas persoas, que encontran nestes pobos semiabandoados a tranquilidade,o silencio e o contacto co rural e coa natureza que non poden ter no seu entorno habitual. (Detalle que poderíase aproveitar para desenvolver vivendas destinadas o turismo rural, e incluso algúns núcleos poderían ser recuperados integramente para este fin).

Os monumentos megalíticos tamén son puntos de interese turístico, dos que atopamos boa representación neste Concello, como as mámoas de Cavaladre, Casiña da Moura,.. que se describiran neste mesmo apartado, máis adiante.

As festas tamén son outro atractivo cultural e turístico para dar a coñecer os produtos típicos da zona, así como as tradicións do mesmo.

Pódese comezar o camiño visitando fornos, muíños, hórreos, lavadeiros e algunhas fontes tradicionais nos pobos.

Foto de autoras. Forno Farnadeiros =>

Page 8: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Foto de autoras .Fonte en Farnadeiros, Lavadoiro en Couso de Salas e Lavadoiro en Parada de Ventosa.

O Concello contaba con Castros celtas da idade de ferro, aínda que apenas quedan vestixios deles, como son: O Castro de Parada de Ventosa, Picós, Outeiro de Cela, San Pedro, Taboadela, Xermeade, Guntumil e O Pisco (os poucos que quedan, como o de Taboadela están bastante inaccesibles debido á vexetación).

Ademais neste paraxes encóntranse numerosas mámoas e dólmens, como por exemplo en parte do recorrido da ruta “Camiño das feiras de Porqueirós e Couso de Salas” e tamén dende este último ata Ponte Linares.

As máis relevantes e mellor conservadas son necrópoles do Outeiro de Cavaladre (Requiás) e de Maus de Salas.

Necrópole do Outeiro de Cavaladre: Consérvanse dous, a primeira (M1) atópase a poucos metros a dereita da estrada que conduce a Guntumil e Requiás, pouco antes de atravesar a ponte que cruza o encoro. A anta corresponde ó tipo de megalitos con cámara tendente ó polígono e, así mesmo, posúe o corredor de acceso. Conserva nove esteios e tamén a pedra cobertora do corredor, así como un anel de pedra que rodea a mámoa.

Foto de autoras. Outeiro de Cavaladre (M1)

Page 9: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

A segunda (M5) emprázase á esquerda da estrada, a uns trescentos metros e chégase por un camiño de terra que parte enfronte da primeira. A estrutura desta anta, inserida nunha mámoa de tamaño medio,corresponde tipoloxicamente ós monumentos tipo cista (enterramento individual) e conserva oito esteios da cámara, sendo restos algúns do corredor de entrada.

Necrópole de Maus de Salas (Sitas no Encoro de Salas): Casiña da Moura: Dende Maus de Salas, seguindo a dirección da

dereita, é a primeira anta que se atopa á beira da comporta do encoro. Trátase dun completo exemplar de dólmens ca cámara poligonal conformada mediante sete esteios que soportan unha pedra cobertora monolítica de gran tamaño. Estes esteios están dispostos de xeito que se unen entre si debuxando unha cámara que acada os dous metros e sesenta centímetros. Esta anta foi desprazada da súa posición orixinal por mor da construción do encoro, polo que as laxes do que fora o corredor de entrada están apoiadas no interior da cámara, sendo imposible a súa reconstrución. O enxoval exhumado comporíase por dúas machadas, das que unha amosa forma globular co fondo plano.

Casota do foxo: Está ó outro lado da comporta do encoro, nun pequeno outeiro dende o que se divisa unha boa panorámica dos arredores. A estrutura da cámara é poligonal e está conformada por sete esteios. Nos eixos da cámara, as medidas van dende os dous metros e corenta centímetros, ata os dous metros e sesenta. O conxunto arquitectónico atópase coroado por unha poderosa pedra cobertora monolítica, que é máis grosa na medida en que se achega á entrada do dolmen. O mesmo acontece coa Casiña da Moura (non hai restos visibles do corredor e probablemente tamén fose desprazada do asentamento orixinal. O enxobal exhumado nas escavacións arqueolóxicas, conformábase de anacos de vaso campaniforme cunha decoración a xeito de liñas horizontais e puntilladas.

Foto de autoras. Outeiro de Cavaladre (M5)

Fotos de autoras. Casiña da Moura

Foto das autoras. Casota do Foxo.

Page 10: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Muíños posúe o complexo prehistórico máis importante de Ourense. Casiña da Moura e Casola do foxo pertencen ó megalitismo medio (3000-2500 a.c.), e as mámoas de Outeiro de Cavaladre al megalítico final (2500-2000 a.c.).

FESTASO Concello quere dar a coñecer a súa idiosincrasia a través de festas de

carácter popular, onde ensalzan os produtos da zona e tamén as tradicións. Tampouco queren deixar pasar por alto concretas datas do ano, para ofrecer os seus veciños poder disfrutalas, como: O Entroido, Reis magos, Magostos populares,... e que non desapareza o sentido destas festas. Pero son os veciños e veciñas os que mellor saben e entenden de tradicións e eles son os encargados de transmitirlle ás novas xeracións e o Concello de potencialo.

Repartidas o longo do ano, celébranse as seguintes festas e actividades:

Sopas do Burro Canso: en Mugueimes o segundo fin de semana de agosto. Pola mañá hai unha feira de artesanía, baixada de carrilanas e

LENDAS

Gran parte dos dolmens levan aparellada una lenda onde a protagonista soe ser unha moura que levou ata alí as pedras na cabeza, ó tempo que fiaba. Convén aclarar que estes mouros e mouras da tradición castrexa nada ten que ver coa cultura musulmana. Segundo as lendas e tradicións orais e escritas máis antigas de Galicia, trátase dunha especie de pobo máxico de xente rubia e pel branca dotados de poderes sobrenaturais. San Isidoro de Sevilla, recollendo a versión de San Agustín, di que: “os dolmens estiveron habitados polos “Dusi o Dusios”, remontándose así ó orixe dos ananos ás culturas célticas, de onde posiblemente as tomaron despois os pobos godos”. A súa misión, (o igual que a de outros seres cargados de simbolismo como a serpente), é protexer os tesouros gardados no interior destas construcións prehistóricas. A crenza popular do tesouro escondido, representa o arquetipo do inalcanzable ou difícil de conseguir: a pedra filosofal, o grial ou Shambala.

Cando temos estas vellas construcións ante nosos ollos, nosa mente non pode parar de facerse preguntas. É certo que, a arqueoloxía e a paleontoloxía van avanzando e dando algunhas respostas, pero a falta de datos fai que sigan existindo lagoas insalvables. Os poucos vestixios fan supor que estas comunidades prehistóricas tiñan un gran sentido relixioso relacionado co culto ós mortos. Queda sen resolver o problema do transporte, colocación e orientación destes megalitos, sobre todo si temos en conta algúns datos extraoficiais que insinúan un coñecemento astronómico por parte dos antigos poboadores.

Page 11: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

procesión dos burros pola Vila. A tarde, actúan as charangas e fan xogos populares no campo de fútbol (turra da cord a, subida á cucaña, sopada, carreira de burros, carreira de sacos e chega de bois). Tamén hai actuacións de grupos de animación e degustación das sopas de burro (pan con viño e azucre); e pola noite Festival Folk na praia de A Rola. Esta festa forma parte dunha tradición ancestral na nosa terra. O viño quente con pan era un bo remedio para “correlo” frío nas noites de inverno. O costume foise perdendo nas casas, pero pervive grazas ó empeño do Concello e das moitas persoas, veciños e visitantes, que participan nesta festa.

Galo Pica no Chan: é un referente gastronómico, orixinal e de calidade, na comarca de Baixa Limia. Celébrase en Mugueimes o segundo fin de semana de agosto; pola mañá hai actuación dun grupo de música e lectura do pregón, logo séguelle un xantar para unhas 1000 persoas no Polideportivo de Mugueimes, pola tarde actuación de grupos folclóricos e pola noite festa e verbena cunha orquesta.

A actividade consiste no seguinte: entréganse os galos ós criadores do Concello gratuitamente na primeira quincena do mes de Maio, estes terán unha sinal que os distinguirá de calquera outro, terán que estar nun espazo aberto que lles permita “picar no chan” para acadar a súa alimentación máis natural, e poden ser axudados coas amasadas e verduras da comida tradicional destes animais. Nas datas antes da festa, unha comisión da festa visitará tódolos lugares de “cría” e acordará os premios de cada rolada, determinando cales van ser sacrificados, e cales serán vendidos pola organización, nunha exposición que mostrará todos aqueles galos vivos, indicando os pobos onde se criaron. Tamén fixaranse as datas para matar os galos, co fin de manter unha uniformidade na calidade da carne que será cociñada.

O galo para ser recollido pola comisión de festas, terá que estar morto, pelado e limpo, sempre e cando teña o sinal metálico con que se entregou para súa cría, como garantía de calidade.

Magosto: celébrase en Mugueimes en novembro. Celebración con tódolos veciños do Concello e consiste nun magosto e unha cea popular.

Entroido: celébrase en Mugueimes nas vacacións do entroido; a actividade consiste nun desfile de comparsas e carrozas polas rúas de Mugueimes, nun concurso de disfraces e unha cea popular.

Expo-Xantar: celébrase no recinto feiral Expourense en Ourense. É unha participación xunto con Lobios e Entrimo, participan cun stand en xantar, para a promoción das festas Galo pica no chan, sopas do burro canso e do pan de centeo.

Page 12: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Festas populares:

En Parada de Ventosa: A Piedad no primeiro domingo de setembro.

En Pazó: Santa Lucía. En Reparade: San Mamed no primeiro domingo de agosto. En Cadós: San Antonio. Na parroquia de Muiños: San Pedro a finais de xullo. En Rañadoiro: Virxe do Pilar. En Barxés: Corpus Cristi. En Farnadeiros: San Antonio. En Prado: Corpus Cristi. En Requiás-Guntumil: Sta María de Castro en maio. En Xermeade: A Torre- En Maus de Salas: San Mamed. En San Miguel: San Miguel.

Feiras no mercado de Muíños os días tres de cada mes, no mercado de Couso de Salas, os días once, e no mercado de Porqueirós os días catro.

Festivais de Folk na praia da rola o sábado pola noite e festival folclórico na praza do Concello, o segundo domingo de agosto (transfronteirizo Galicia e norte de Portugal).

Romarías en Barrio de Muíños, romaría A Clamadoira o segundo domingo de setembro; en Couso de Salas, Os Milagres o 8 de setembro; e en Porqueirós, A Aparecida o cuarto domingo de agosto.

Actividades deportivas: ANDAINA POLA SERRA DO XURÉS:Celébrase en Muiños, cun percorrido pola Serra do Xurés e diricida a un turismo de profesionais do deporte e ocio ó aire libre (aínda que se permite a asistencia a todo tipo de participantes). Destácase nesta actividade que os participantes son de zonas alonxadas do Municipio, o cal é moi importante para o Concello porque cúmprese co obxectivo de divulgación dos atractivos turísticos da zona.

ANDAINA NOCTURNA POLO MUNICIPIO:Tamén celébrase en Muiños e consiste nunha andaina nocturna por parellas polo municipio.

REGATA NACIONAL DE PIRAGÜISMO DE GALICIA DE 500 M.(tamén INFANTÍS): Celébrase no Complexo Turístico de O Corgo en Muíños.

RALLI DE OURENSE-BAIXA LIMIA (Correpondiente ó campeonato Galego de Rallis): celébrase a finais de setembro e o percorrido é: Porqueirós, Mugueimes, Maus de Salas, Couso, Santuario, Calvelo, A Pousa e Barxés.

Page 13: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Actividades con nenos:LUDOTECA durante os meses de verán, con xogos, cursos, excursións, …CONCURSOS, de fotografía sobre a Baixa Limia, de pintura sobre o Concello de Muíños, e literario de relatos e relatos curtos sobre Baixa Limia.FESTA DE NADAL E REIS MAGOS: cun Belén vivente con tódolos nenos do Concello, representación dunha obra de teatro e xuntanza na que os máis pequenos reciben os agasallos dos Reis Magos.

Tesouros arquitectónicos .

Tamén, como sucede noutras partes de Galicia, é moi grande a riqueza en mostras de arte relixiosa: cruceiros, igrexas, petos de ánimas,… espallados por toda a xeografía do Concello.

En épocas de romanos existiu o Pazo de Barxés (enfronte o campamento romano Aquis Querquennis) comunicándose a través da desaparecida Ponte Pedrina.

Outro pazo aínda conservado e actualmente propiedade privada, é o Pazo dos Texada en Muíños: trátase dun edificio de planta rectangular e escaleiras interiores, a estancia principal conserva o artesoado de madeira típico das casas desta comarca. Ten capela incluída na vivenda e pedra de armas con marco vexetal e mascarón. Fechado no ano 1590.

Pódese dar comezo á andadura visitando os petos das animas de:

Güimil. Farnadeiros: Peto de diminutas

proporciones, apenas destacando do resto do muro; un intento de cubricón e repisa sinalan a súa identificación, delimitando o sillar no que se labran as ánimas, realizadas con trazos incisos apenas perceptibles.

Pousa: asenta sobre plataforma e compoñen a súa estrutura, perpiaños que de forma independente configuran os diferentes elementos constituíntes do monumento. O corpo inferior decórase cunha forma cuadrangular e unha cruz incisas, e remátase con cornixa en caveto, moldurada só no fronte, servindo de base ó corpo principal que presenta

Foto de autoras. Pazo dos Texada (Muíños)

Peto Farnadeiros

Page 14: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

fornacina de medio punto; sobre a fornacina figura unha moldura en saledizo e unha cartela con a fecha da construción: 1815. Remata cunha sinxela cruz. A fornacina alberga unha táboa representando á Virxen do Carmen e un anxo de forma convencional.

Taboadela: A arquitectura deste monumento, presenta deterioro ó faltarlle determinados perpiaños e

estar algúns deles desencaixados, deixando espazos baleiros nas xuntas. Proxecta un só corpo con fornacina sobre repisa e remata a través dunha cornixa con tellado de dobre vertente.

Barxés Cruceiro: Peto concibido como unha monumental portada arquitrabada,

flanqueada por pilastras toscanas adosadas de gran resalte, que se impoñen condicionando o encaixonamento da fachada; sosteñen as pilastras un arquitrabe liso no fronte e con decoración de acolchado no resto, rematado por cornixa moldurada. Cubre o monumento con tellado de catro vertentes, decorado nos ángulos con pináculos piramidais e conservando na cima o pedestal dunha cruz. A escena do purgatorio aparece enmarcada por decoración arquitectónica no alto releve,

composta por pilastras con éntasis sostendo un entaboamento adornado con pináculos e cruz; a estrutura descansa sobre repisa ornamentada con volutas contrapostas. A escultura esculpida no medio releve de pedra presenta restos de policromía e manifesta maior popularidade co resto arquitectónico. Preside a composición o Espírito Santo e o Padre Eterno.

Couso de Salas: Peto que asenta sobre plataforma dispoñendo as fiadas a soga; presenta fornacina de medio punto sobre repisa e remata con cornixa en nacela, servindo de asento o pedestal trapezoidal dunha cruz.

Tourós Rañadoiro: Monumento de notables dimensións asentado sobre a roca

natural, formado por aparello disposto a soga e tizón, configurando un fermoso exemplar no que domina a claridade das liñas e o valor puramente xeométrico do construtivo. Presenta fornacina de arco rebaixado sobre repisa e remata a partir dun baquetón que discorre

abrazando a estrutura, con cornixa de cuarto bocel, sobre a que asentan decorativos remates, enmarcando unha cruz co crucificado. A fornacina conten un alto releve en pedra con restos de policromía; preside a composición o espírito santo no intradós do arco, e o redentor sedente sobre querubíns, portando a bola do mundo; acompáñalle San Antonio de Padua co neno na ríxida horizontalidade, e unha santa orante sobre a peaña, figurando no extremo inferior as ánimas do purgatorio. O conxunto queda protexido por unha reixa de barrotes flordelisados.

Peto Taboadela

Peto Rañadoira

Peto de Cruceiro

Page 15: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Piñoi

Cadós

Barrio: Peto cuadrangular disposto en verticalidade, presenta pequena fornacina de medio punto sobre repisa e remata con cornixa en nacela, servindo de asento al pedestal.

Pazos: Peto de ánimas composto de dous corpos, o inferior liso remata con cornixa, servindo de base ó corpo principal que presenta fornacina de arco rebaixado, manifestando a ausencia da cubrición do monumento.

Os cruceiros de:

+ Porqueirós

+ Clamadoira (Barrios)

+ Taboadela

+ Barxés

+ Tourós

+ Pazó

+ Guntumil: Cruceiro composto de pedestal, con fornacina escavada no fronte e cruz de sección cuadrangular, con símbolos da pasión labrados en medio releve, sobre os brazos.

+ Reparade

Peto de Barrio

Foto de autoras. Cruceiro de Clamadoira

Foto de autoras. Cruceiro de Porqueirós, Taboadela e Barxés

Peto Piñoi

Page 16: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Tamén podemos facer un percorrido polas capelas e igrexas do Concello. A maioría destas últimas, son de estilo románico ou barroco.

Capela de Mugueimes: Pequena capela dedicada a San Francisco e localizada neste pobo. Presenta unha sola nave con cuberta de madeira. A decoración barroca advírtese na porta de acceso e fiestras das fachadas, así como na molduración da cornixa. A espadana remata con pináculos e cruz. No interior, pequeno altar articulado por estípites, coas imaxes de San Francisco e San Antonio. Capela de Rañadoiro: dunha sola nave dedicada a Virxe do Pilar. Presenta pórtico ós pes sustentado por pilares. A espadana emerxe, coroada por unha cruz e flanqueada por pináculos apiramidados. No seu interior destaca o retablo e as súas imaxes. Capela da Aparecida (Porqueirós).Capela de O Salgueiro.Capela de Pazós de Barxés.Capela Barxés de Taboadela.Capela dos Clamores en Cadós-Barrio.Capela de Sta Leocadia en Barxés.Capela Couso de Salas. Capela Prado en Reparade.Capela Prado en Albite.Capela en Requiás. Capela da Clamadoira (Barrio):

Capela de Mugueimes. Foto de autoras.

Capela de Couso de Salas e cruceiro.

Fotos de autoras. Capela da Aparecida e Capela de Taboada

Page 17: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

A devoción mariana ten na capela da Clamadoira, un santuario de fermosa romaría, onde a tradición asegura que se convocaba a loita contra os mouros. O edificio presenta planta de unha nave con presbiterio resaltado na altura, provisto de fiestras, e sacristía adosada. A fachada es sobria, con porta adintelada e espadana dun arco, fraqueado por aletones, e rematada por frontón. No interior hai un retablo policromado, organizado mediante columnas corintias.

Destacable é o Santuario dos Milagres de Couso de Salas: comezouse a construír a comezos do século XIX coa grandeza e estilo de Sta Eufemia de Ourense, quedando sen concluír. A tradición popular asegura cos franceses non se atrevían a pasar deste santuario. A arquitectura pese a estar inacabada

(chegando a construción ata o arranque dos arcos da bóveda), mostra a grandiosidade coa que foi planificada. O edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se asenta o arranque dos arcos formeros. A plana complétase con cruceiro e capelas a ambos lados do presbiterio. O retablo maior organiza a súa iconografía en exaltación da Virxe,

Fotos de autoras. Ermida a Clamadoira.

Capela de O Salgueiro (Pobo en rehabilitación)

Page 18: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

rodeada de anxos. A inspiración é a débeda coa obra de Domingo de Andrade no baldaquino da capela de Santo Cristo da catedral de Ourense, é patente nos dous grandes anxos que en posición inclinada simulan soster sobre os seus ombros, a pesada carga da estrutura de madeira. Consta o retablo dun corpo con fornacina, que alberga a pequena imaxe da virxe titular, entre columnas corintias e releves a ambos lados da Anunciación e Asunción da Virxe.

Page 19: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

,,,,,,,Tres perspectivas diferentes do Santuario de Couso de Salas

En canto ás igrexas, pódense destacar:

Igrexa de San Pedro de Muiños: esta igrexa escapa da tradición construtiva da zona, pola localización e estrutura da torre. Ésta aparece integrada na fachada, ós pes do templo, formando na base un pórtico con arcos de medio punto, sustentado por grosos contrafortes. O corpo superior es cúbico, e o das campas, octogonal, rematado tras unha movida cornixa, en pirámide escalonada. No seu interior destacan as imaxes de San Pedro e San Antonio.

Igrexa de San Pedro de

Parada de Ventosa: O templo parroquial

consta dunha sola nave con arco triunfal sobre pilastras, e presbiterio, ó que se encontra adosado un pórtico sobre robustos pilares. A decoración concéntrase na fachada, presenta rebaixes verticais nos extremos, recordando as típicas pilastras, pero desprovistas de basas e capiteis, que se continúan nos grandes pináculos asentados na cornixa. A porta de acceso recibe como ornamentación anchos encadres con orelleiras, rematando o conxunto con espadana, dun corpo de arcos e frontón agudo. No interior, os retablos e imaxes ocupan un lugar destacado pola calidade da súa feitura. O retablo maior ocupa todo o ancho do testeiro, desenrolando un corpo de cinco rúas entre estípites e ático curvo. Preside o oco central, unha fermosa Piedade no interior dun camarín.

Page 20: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Igrexa de San Andrés de Porqueirós: Presenta planta rectangular con presbiterio sinalado en altura. As portas de acceso son de medio punto, formada a principal por grandes dovelas. No frontispicio, un baquetón percorre todo o fronte da fachada, configurando nos extremos as ramplas da cornixa, sobre a que se asentan pináculos. A espadana, decorada con aletons nos lados, consta dun corpo de arcos e frontón. No interior destaca o sagrario coa Virtudes Teologais e as imaxes de San Andrés, San Brais, San Antonio e a Inmaculada.

Igrexa de San Miguel de Xermeade: A sobriedade construtiva é a nota dominante da arquitectura da igrexa parroquial de Xermeade. Dunha sola nave con arco de medio punto sobre pilastras, de acceso ó presbiterio, compoñen a planta e alzado do templo. A fachada presenta porta con arco de medio punto de grandes dovelas, óculo e espadana rematada por frontón. No interior destaca o retablo maior, con dúas alturas, distribuídas en tres calles por estípites.

Igrexa de San Pedro de Farnadeiros: Constrúese no 1775, formando a planta un rectángulo pola aliñación da nave coa cabeceira, engádeselle unha dependencia destinada a sacristía. A fachada trata de romper a austeridade mediante a ornamentación da porta de acceso, con orelleiras, e o uso de ramplas curvas na cornixa. A espadana, dun corpo, presenta un remate de trazado curvo.

Igrexa de San Salvador de Prado: constrúese baixo a advocación do Salvador. Na fachada destaca a portada, con arco de medio punto, guarnecida de casetóns sobre pilastras refundidas. El frontispicio e ramplas curvas da cornixa, son destacadas con molduras avolutadas nos extremos. A espadana prolóngase con arcos laterais, rematada por un pequeno corpo moldurado e cruz. No retablo maior destaca o releve de San Xerónimo, Procesión eucarística, Inmaculada, Virxe do Carme e Padre Eterno.

Page 21: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Igrexa de Santa Baia de Maus de Salas: A igrexa parroquial presenta unha nave e presbiterio máis elevado, con sacristía adosada. Sobria fachada con porta adintelada e pequeno óculo. A espadana consta dun corpo de arcos peraltados, e está rematada por frontón. No interior, retablo onde predomina a escultura en releve: no sagrario, o Bo Pastor en busca da ovella perdida, sobresaíndo uns releves renacentistas reaproveitados cos Evanxelistas e escenas haxiográficas de Santa Baia.

Igrexa de Santa María de Barxés: exemplar barroco do século XVII, de gran

sobriedade construtiva, manifestando no exterior o xogo de volumes do presbiterio, con capelas adosadas. A fachada presenta arco de ingreso de medio punto, decorado

con casetóns contendo floróns e querubín na clave. Na base da espadana, dun corpo de arcos rematado con frontón, colócanse aletóns que serven de asento ós pináculos. No seu interior, o retablo maior combina a escultura en vulto redondo con releves da Trindade, Natividade de María e Nacemento de Xesús.

Igrexa de Santa María de Cadós: Templo dedicado a Santa María. Constitúe unha arquitectura de sobria ornamentación con nave e arco de triunfo sobre pilastras. Na fachada, porta de liñas rectas e espadana dun corpo rematada por frontón. No seu interior, o retablo consta dunha altura distribuída en tres rúas con estípites e fornacinas trilobuladas, recuberto por decoración vexetal.

Igrexa de Santa María de Souto en Vilar de Cas: presenta características tipicamente barrocas. A fachada levántase airosa, mediante espadana de dos corpos superpostos. Presenta cornixa de ramplas curvas e porta de acceso con encadres nos ángulos. No seu interior destaca a Inmaculada, Virxe do Carme, San Antonio, San Brais e a Anunciación.

Page 22: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Igrexa de Santiago de Couso de Salas: do século XVII, consta dunha sola nave con arco de triunfo sobre pilastras de acceso ó presbiterio e sacristía. A fachada presenta porta de ingreso de medio punto, de grandes dobelas, e espadana dun corpo con aletóns servindo de asento a pináculos, rematada por frontón. O retablo obedece á mesma cronoloxía. Organízase en dous corpos, base con releves dos Evanxelistas pareados e ático coa Trindade. As tres rúas distribúense mediante estípites, cubrindo os marcos unha decoración vexetal de fina talla.

Igrexa de Santiago de Requiás: debuxa a súa planta un rectángulo, con presbiterio sinalado en altura. A fachada concentra a decoración, enmarcada nos extremos con pilastras rematadas por salientes cornixas que serven de base ós pináculos. A portada enmárcase con baquetóns, apoiados nos ángulos. No centro do frontispicio abre una fiestra proporcionando iluminación ó interior. O conxunto remátase con espadana de corpos decrecentes e pináculos. No interior do templo, o retablo maior aparece presidido por Santiago. Destaca tamén o altar do Santo Cristo, con escenas da Pasión.

Un alto no camiño

Aloxamentos:

sito no municipio de Muíños atópase o Complexo Turístico O Corgo, dotado dos seguintes servizos:

Camping con 300 prazas, ademais 6 bungaloes con dúas habitacións con baño, salón, comedor e cociña, totalmente equipadas e con terraza. Zonas para colectivos, caravanas e tendas individuais. Iluminación nocturna, electrificación individual, duchas con auga quente, servizo de lavandería… (Tlf.: 988 408963).

Albergue O Corgo: para colectivos con 106 prazas en dormitorios de 30, 20, 15, 10, 6 e 4 habitacións. (Tlf: 988 408579).

Cociña-comedor con servizo de pensión completa e restaurante-cafetería.

Praias fluviais. Parque forestal municipal. Peirao con embarcadoiro flotante. Hangar de embarcacións.

O corgo

Page 23: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Salas multidisciplinais cubertas. Instalacións deportivas con aluguer para d eportes de auga e

pista. Polideportivo cuberto. Monitores de tempo libre e rutas de sendeirismo.

Tamén contan coa Residencia albergue A Rola, para familias e grupos reducidos en habitacións de 6 prazas con baño.

En Mugueimes encóntrase a Casa Reitoral de San Pedro (grupo A), e conta con 8 habitacións, 2 salóns, unha habitación para minusválidos, biblioteca, salón de almorzos, patio interior, etc. Aloxamento máis almorzo. (Estrada N-540 Mugueimes Tlf.: 988 45 77 18).

Casa Reboxo, no pobo de Taboadela, dúas casas de 4 a 12 prazas. Totalmente equipadas con tv, baño, cocina, lavadora, cheminea, comedor, sala de estar,… admite animais e posúe faci lidades para minusválidos, tamén cuna dispoñible, xogos de mesa,….Piscina, terraza, barbacóa e xardín. (Tlf.: 988 302483 – 629 158622).

Casa Alecrin Rañadoiro casa de labranza do 1896, en pedras completamente reformada e totalmente equipada (ropa de cama, toallas, vajilla,…), con patio interior. Posúe cocina americana, salón, baño con gran bañeira angular, sala de lavandería, dúas habitación de matrimonio e dormitorio de dúas camas optativa una 3ª supletoria, baño con duch a hidromasaxe, sala de estar con pequena ludoteca e sofá cama. (Tlf.: 988 456457 – 620 741796).

Casa Alén do Xurés, sita no pobo de Mugueimes, posúe tres habitacións e totalmente equipadas.(Tlf.: 988 45 15 49 / 696 61 58 98 ).

Casa Lavandeira, no pobo de Muíños, con con capacidade para 10-12 persoas (dúas habitacións de matrimonio). San Pedro, Tlf.: 647 802975).

Casa Tía Dolores, ubicada en Picós e con catro habitacións e capacidade para oito persoas.(Tlf.: 933 30 52 28).

Casa Chuca Requiás sita no pobo de Requiás, casa completa con dúas habitacións e capacidade para catro persoas. (Tlf.: 629 444360).

O corgo

Page 24: Web viewO edificio consta de tres naves, maior a central, comunicadas cos laterais con arquerías e articulada con pilastras nas que se . asenta o arranque dos arcos formeros

Casa Farna, situada en Fornadeiros e con dúas habitacións, capacidade total de catro persoas. Tlf.: 988 407751.

Casa Rogelia, dúas habitacións. Pobo de Fornadelos, tlf.: 988 251347 – 630 587527.

Para comer:

Restaurante do Complexo “O Corgo”, sito en Mugueimes.

BARES:

Bar Julio: na ctra porqueirós, Muíños.

Bar Fortes: na ctra comarcal, Muíños.

Parrillada: Dr Abades López, Muíños.

Prado: Prado s/n, Muíños.

Vaina: Xocas, Muíños.


Recommended