● TIPO DE RÉXIME: pluvial. As precipitacións son estacionais e moi variables.
● As augas do Limpopo corren moi lentas e cheas de sedimentos.
XEOLOXÍAO Limpopo é un río que discorre mainamente formando numeroso meandros e zonas asolagadas na sabana.
FAUNAElefantes, rinocerontes negros, hipopótamos, búfalo cafre, impala, garzota, cegoña, picapeixes crocodilos do Nilo, carpas...
USOSAgricultura, enerxía eléctrica, usos urbáns, pesca, turismo…Desde a confluencia co río Olifants, o Limpopo é navegable.
PARQUE TRANSFRONTEIRIZO DO GRAN LIMPOPO:inclúe o Parque Nacional Limpopo (Mozambique), o Parque Nacional Kruguer e Mala Lala (Sudáfrica), o P.N Gonarezhou (Zimbabue), o Santuario Manjinji e a Malipati Safari Área (Zimbabue), e diversas áreas entre Sudáfrica e Zimbabue que unen os parques.
ESPAZOS PROTEXIDOS
HISTORIAA zona estivo habitadas desde tempos moi antigos. Atopáronse fósiles de Australopithecus de hai 3,5 millóns de anos.O navegante portugué Vasco da Gama foi o primeiro europeo en ver o río e fondeou na súa desembocadura nunha das súas expedicións en 1498.
O río foi inmortalizado no conto “O NENO ELEFANTE” polo británico Rudyard Kipling, onde é descrito como “gris verde, graxento, todo rodeado con árbores de febre», onde mora a serpe pitón de rocha bicolor” .
CURIOSIDADES