+ All Categories
Home > Documents > O pendente de ouro romano da Cruz do Castro (Cotobade)

O pendente de ouro romano da Cruz do Castro (Cotobade)

Date post: 12-Jan-2023
Category:
Upload: independent
View: 0 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
6
145 29: 145-150. 2010, ISSN: 0211-8653 | O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico. O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico. The gold earring of Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) and his archaelogical context RAQUEL CASAL GARCÍA*; ÁNGEL CONCHEIRO COELLO**; ALBERTE REBOREDA CARREIRA*** *Departamento de Historia, Universidade de Santiago de Compostela **Arquestudio S.L. ***Arqueólogo RESUMEN O artigo pretende caracterizar o pendente de ouro romano do xacemento da Cruz do Castro (Carba- lledo; Cotobade), achegándose ao seu contexto arqueolóxico e ao ámbito do panorama do ornato persoal romano -e máis especificamente galaico- romano- desde unha perspectiva histórica e tecno- tipolóxica. Palabras chave Gallaecia, castro, villae, ouro, xoiería romana, pen- dente ABSTRACT The item expects characterize the roman gold ea- rring of Cruz do Castro site (Carballedo; Cotoba- de), approaching his archaeological context and to the field of the outlook of the roman ornato staff - and more especificament galaico-Roman - from a historic and tecno-typological perspective. Key words Gallaecia, villae, castro, gold, roman jewelry, ea- rring. INTRODUCCIÓN No ano 2006 a Comunidade Veciñal de Mon- tes en Man Común de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) comezou un proxecto de recupe- ración e posta en valor do seu patrimonio cul- tural, co obxectivo de devolverlle ao monte os usos sociais que sempre tivo e crear un novo recurso cultural e turístico para a parroquia (CONCHEIRO E MONTERO 2009). Este ambicioso proxecto, realizado coa asistencia técnica da empresa Arquestudio S.L., com- prendeu a escavación arqueolóxica do xace- mento da Cruz do Castro, a restauración de varias construccións etnográficas de carácter singular, entre eles un foxo de lobo, un muí- ño de vento e un muíño hidráulico de cubo, a recuperación de varios camiños tradicionais e a rexeneración de carballeiras e masas de ar- borado autóctono. Ese riquísimo patrimonio cultural e natural fíxose visitable a traveso dun itinerario autoguiado, a Ruta dos Tres Vales, que foi acondicionado e dotado de sinaliza- ción indicativa e interpretativa de xacementos arqueolóxicos, arquitectura popular e paisaxes senlleiras. O XACEMENTO: CASTRO, VILLA E FORTIFICACIÓN ROMANA A Cruz do Castro é un outeiro con perfil de cono truncado que se sitúa ás costas do lugar da Igrexa, o centro xeográfico e simbólico da parroquia de Carballedo, no concello ponteve- drés de Cotobade. Pese á súa modesta altitude, resulta moi conspicuo é domina estratexica- mente a cunca media do Almofrei. A este feito ao que non á alleo o seu emprazamento topo- gráfico, a medio camiño entre as terras fértiles do val e os contrafortes do monte Coirego. O xacemento arqueolóxico ocupa a totalidade do couto e esteriormente ten unha estructura sinxela. Consta dun recinto principal de pe- quenas dimensións defendido por unha peque- na muralla de cachotería e unha plataforma en forma de media lúa que prolonga o espazo ha- bitacional cara o SO Na zona máis altas desta diminuta croa existen dous elementos etnográ-
Transcript

145 29: 145-150. 2010, ISSN: 0211-8653 |

O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico.

O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico.

The gold earring of Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) and his archaelogical context

Raquel casal gaRcía*; ángel concHeiRo coello**; albeRTe ReboReda caRReiRa****Departamento de Historia, Universidade de Santiago de Compostela

**Arquestudio S.L.***Arqueólogo

RESUMENO artigo pretende caracterizar o pendente de ouro romano do xacemento da Cruz do Castro (Carba-lledo; Cotobade), achegándose ao seu contexto arqueolóxico e ao ámbito do panorama do ornato persoal romano -e máis especificamente galaico-romano- desde unha perspectiva histórica e tecno-tipolóxica.

Palabras chaveGallaecia, castro, villae, ouro, xoiería romana, pen-dente

ABSTRACTThe item expects characterize the roman gold ea-rring of Cruz do Castro site (Carballedo; Cotoba-de), approaching his archaeological context and to the field of the outlook of the roman ornato staff - and more especificament galaico-Roman - from a historic and tecno-typological perspective.

Key wordsGallaecia, villae, castro, gold, roman jewelry, ea-rring.

INTRODUCCIÓNNo ano 2006 a Comunidade Veciñal de Mon-tes en Man Común de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) comezou un proxecto de recupe-ración e posta en valor do seu patrimonio cul-tural, co obxectivo de devolverlle ao monte os usos sociais que sempre tivo e crear un novo recurso cultural e turístico para a parroquia (CONCHEIRO E MONTERO 2009). Este ambicioso proxecto, realizado coa asistencia técnica da empresa Arquestudio S.L., com-prendeu a escavación arqueolóxica do xace-

mento da Cruz do Castro, a restauración de varias construccións etnográficas de carácter singular, entre eles un foxo de lobo, un muí-ño de vento e un muíño hidráulico de cubo, a recuperación de varios camiños tradicionais e a rexeneración de carballeiras e masas de ar-borado autóctono. Ese riquísimo patrimonio cultural e natural fíxose visitable a traveso dun itinerario autoguiado, a Ruta dos Tres Vales, que foi acondicionado e dotado de sinaliza-ción indicativa e interpretativa de xacementos arqueolóxicos, arquitectura popular e paisaxes senlleiras.

O XACEMENTO: CASTRO, VILLA E FORTIFICACIÓN ROMANAA Cruz do Castro é un outeiro con perfil de cono truncado que se sitúa ás costas do lugar da Igrexa, o centro xeográfico e simbólico da parroquia de Carballedo, no concello ponteve-drés de Cotobade. Pese á súa modesta altitude, resulta moi conspicuo é domina estratexica-mente a cunca media do Almofrei. A este feito ao que non á alleo o seu emprazamento topo-gráfico, a medio camiño entre as terras fértiles do val e os contrafortes do monte Coirego.

O xacemento arqueolóxico ocupa a totalidade do couto e esteriormente ten unha estructura sinxela. Consta dun recinto principal de pe-quenas dimensións defendido por unha peque-na muralla de cachotería e unha plataforma en forma de media lúa que prolonga o espazo ha-bitacional cara o SO Na zona máis altas desta diminuta croa existen dous elementos etnográ-

| REVISTA DE ARQUEOLOXÍA E ANTIGÜIDADE146

O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico.

ficos de moito interese: o muíño de vento dos Laredo e os restos dun cruceiro (CONCHEI-RO 2009). Liñas defensivas sucesivas prolon-gan o asentamento ata tocar as casas máis altas do lugar da Igrexa. Neste punto é posible que se solape coa área de dispersión do xacemento de Silvela, unha villa de época romana da que se recuperaron en superficie, entre outros res-tos, tégulas, cerámica común e unha base de columna.

Antes das nosas actuacións, a Cruz do Castro nunca fora obxecto de escavacións científicas e tampouco se coñecían materiais que axusta-ran a súa adscrición cronolóxico-cultural. Ata agora (outono 2009) desenvolvéronse dúas campañas anuais sucesivas que consistiron na escavación de varias sondaxes e áreas abertas no interior do recinto principal e na plataforma anexa. Os resultados obtidos foron excelentes e avanzaron no rexistro arqueolóxico do xace-mento, máis complexo do que en principio ca-bería esperar. A historia do asentamento, con datos que hoxe dispomos, organízase en dúas fases fundamentais:

- A primeira correspóndese cun asentamento castrexo que tivo unha vida curta e que, a teor da cultura material, estivo ocupado durante a segunda Idade do Ferro, seguramente entre os séculos II a.C. e I d.C.. Este pequeno po-boado ocupaba o curuto do monte e constaba de pequenas casas de material perecedeiro e planta redondeada, pero non é unha fase ben coñecida, xa que só se atopou nos niveis máis fondos dalgunha unidade de rexistro. A pro-ducción cerámica está dominada polas formas exvasadas de labio aristado, abrumadoramen-te lisas, e revela un parentesco moi estreito cos xacementos da área interior da provincia de Pontevedra (GONZÁLEZ E CARBALLO 2001), área cultural na que semella desenvol-verse, malia pouca distancia do litoral das Rías Baixas.

- A segunda fase, de época romana tardía, é mellor coñecida a nivel estructural e material. Polo de agora, só estamos en condicións de afirmar que o castro vólvese a ocupar en época baixo imperial, seguramente en torno a finais do século III e inicios do IV d.C., como par-te dunha extensa villa de morfoloxía dispersa que tería o seu centro residencial en Silvela, ao pé da Cruz do Castro. É neste contexto onde

hai que situar a localización da xoia que prota-goniza este traballo. O achado da base dun for-no, de varias áreas de combustión, de muíños manuais, de varias pesas de tear e moitas ma-sas de arxila, fan pensar nunha especialización deste lugar cara ás actividades productivas e artesanais. O nivel de abandono, coincide cun repertorio de cultura material na que desta-can as cerámicas seudoluxosas de producción peninsular, como os pratos de Terra Sigillata Tardía Rexional Palol 1, as imitacións de for-mas africanas Hayes 61 e as formas abertas de engobe vermello, estas dúas últimas probable-mente de filiación bracarense, localizadas en-tre o derrube da estructura defensiva.

Tendo en conta o anterior, a Cruz do Castro e Silvela forman un conxunto de sintetiza os modelos de asentamento ao longo da primeira metade da Era: castro indíxena, villa romana ao seu pé e reocupación do espacio fortificado en época tardía. Unha evolución que responde aos cambios e vicisitudes da sociedade provin-cial romana no Noroeste.

ANÁLISE TÉCNICA E FORMAL• Pendente de orella de Cruz do Castro• Ouro.• Medidas: 2,7 cm de longo; • Gancho de suxeición: 2,2 cm de longo

aprox.• Disco: 0,4 cm de diámetro• Esfera: 0,7 cm de diámetro; remate infe-

rior: 0,04 cm• Colariño de gránulos: 0,3 cm de longo• Peso: 1,41 gr

Estado de conservación: Bo, cunha lixeira trompada no lado dereito e desprendemento de material no gancho de suxeición. A parte pos-terior da esfera presenta lixeiramente aberta a liña de unión da esfera que no seu día estivo pegada.

Descrición: A agulla, en forma de gancho, está constituída por un fío macizo de sección case circular, -a irregularidade da sección pon en evidencia a súa fabricación a partir dunha tira de metal-, que termina en sección rectangular, na parte na que se une ao pendente, para faci-litar a súa adhesión.

147 29: 145-150. 2010, ISSN: 0211-8653 |

O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico.

O brinco propiamente dito está formado por dúas partes: unha plaquiña circular sobre unha base rectangular, decorada cunha palmeta re-puxada e una esfera oca de lámina de ouro. Ambas partes van soldadas e no lugar dos puntos de soldadura, para ocultalos, leva un colariño formado por seis gránulos. Á parte posterior do disco, vaise adherir outra lámina similar que oculta o traballo do repuxado e re-forza a placa que tamén serve para lle soldar o gancho do sistema de suxeición. A esfera oca remata na súa base nun diminuto rulo formado de lámina de ouro sobrante da execución do globo.

Este exemplar da Cruz do Castro, tipoloxica-mente pertence aos chamados “a spicchio di sfera” que son os conformados por unha esfera ou segmento de esfera, con gancho de dobre curva, e cun pequeno disco soldado na parte superior da esfera. Este tipo ten múltiples va-riantes, nas que as esferas ou semiesferas po-den ser lisas ou ben recubertas de granulado e incluso adornadas con pedras incrustadas. É un modelo que aparece no s. I como unha forma enteiramente nova, de tradición itáli-ca, moi representado sobre todo nos séculos I-II d. J. C. en numerosos lugares do imperio (Pompeia, Herculano, Chipre, Palestina, etc). e nos retratos das damas dos sarcófagos de El Fayum, en Exipto como o de Hawara da Na-tional Gallery de Londres (Inventario 1270) de inicios do século II d. J.C.. (SHORE 1972, lám. 11)

O pendente está realizado a partir dunha lámi-na de ouro, obtida por martelado, sobre a que se debuxa o modelo a realizar e se recorta. A parte esférica obtense coa axuda dun dado de embutir e co auxilio dun martelo e un embu-tidor, que é unha peza semellante a un cincel pero rematado en bola, vaise modelando un oco e estirando a lámina. Os bordos sóldanse e brúnense para cerrar definitivamente a esfera.

O ouro é un metal do máis maleable e dúctil, a fina espesura das láminas facilita o traballo e a penas necesita recocidos. No exemplar que presentamos e grazas ás macrofotografías1 po-demos observar detalles da execución do tra-

ballo que non son perceptibles a simple vista. Na elaboración da esfera oca, realizada como dixemos coa técnica do embutido, o artesán, para cerrar o burato producto de abolar a lámi-na, decorouna cun rulo feito cunha tira da lá-mina de ouro sobrante da execución da esfera.

O pequeno disco, que vai unido ao globo na parte superior, leva repuxada unha palmeta e está forrado con outra lámina que oculta o reverso do repuxado e permite a soldadura do gancho. O detalle deste traballo apréciase moi ben nas macrofotografías. Os seis gránulos de ouro, obtidos pola antiga técnica da granula-zione, crean un colariño que oculta perfecta-mente os puntos de soldadura entre a esfera e o disco. O corchete de suxeición ao lobo da orella está realizado a partir dunha banda de metal, a fabricación é realmente simple; fa-cíase rodar a tira de ouro sobre unha placa de pedra ou de bronce, o grosor do fío dependía da espesura da lámina. Outro método posible, sobre o que non hai certeza de ter sido usado en época antiga é o trefilado, que consiste en pasar o perfil do fío por unha placa de bron-ce ou de ferro, (quizais tamén de pedra), con buratos de diámetros decrecentes, ata obter o grosor desexado (PIRZIO BIROLLI STEFA-NELI, páx. 44).

As técnicas de unión e ensamblaxe utilizadas para unir os elementos formais do pendente son diferentes e difíciles de detectar sen análi-ses máis exhaustivas. Probablemente o gancho vai unido ao disco mediante a técnica coñe-cida como “soldadura a martelo”. O disco e o seu forro péganse mediante algunha resina e algúns golpes de martelo que non impedi-ron que co tempo se despegaran como se pode observar nunha vista detallada. Nos outros elementos podemos supoñer a soldadura máis convincente segundo Luzia Pirzio (PIRZIO BIROLLI STEFANELLI, páx. 47) que é a pro-posta por H. Littledale en 1933 denominada colloid hard-soldering, ou soldadura coloidal. O procedemento consiste en mesturar sal de cobre cun pegamento vexetal ou cola de peixe; este preparado esténdese sobre a superficie onde se van a aplicar os gránulos que queda-ran fixados grazas ao pegamento, paso previo á aplicación de calor. A unha temperatura re-lativamente baixa o sal de cobre transfórmase en óxido de cobre; aumentando a calor o pe-gamento carbonízase e absorbe o osíxeno de

1 Realizadas no laboratoiu do Departamento de Historia 1 da USC con lupa binocular SZX7 O lympus de 10-70 aumentos.

| REVISTA DE ARQUEOLOXÍA E ANTIGÜIDADE148

O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico.

cobre volatilizándose en bióxido de carbono; así queda só unha película de cobre que liga coa superficie do ouro dos gránulos rebaixan-do o punto de fusión. A 8900 (o punto de fusión do ouro puro é de 10630) a liga funde e a sol-dadura efectuada deste modo é practicamente invisible. Este tipo de soldadura usábase non só para o granulado e a filigrana senón tamén en todas aquelas pezas cuxas unións debían de ser invisibles.

Os grandes centros de produción de xoiería imperial romana son os mesmos que na épo-ca helenística: Alexandría, Antioquía e Roma. Os artesáns destes lugares teñen emigrado ao interior das provincias romanas para estable-cer os seus obradoiros e difundir as técnicas e as formas en zonas esencialmente urbanas. Moitos destes artesáns son ao mesmo tem-po comerciantes e ao seu taller teñen anexa-do unha oficina de venda, como en Pompeia, onde son numerosas as tendas e talleres na vía dell’Abbondanza e a menudo forman parte da súa propia casa. Tamén existían ourives itine-rantes que quizais se ocupasen sobre todo de reparacións de obxectos ou ben de realizar pe-zas a base do material ofertado polos clientes. Polo momento é imposible dicir exactamente onde foi fabricado este brinco. O material é case idéntico en todos os obradoiros. Os ar-tesáns da época, como os de hoxe día, traba-llaban sobre todo co ouro contrastado oficial-mente como o demostran os lingotes impresos ou selados (OGDEN, páx. 19). Para o período imperial a diferenza de factura entre talleres non pode verse mentres non haxa un número suficiente de pezas estudiadas con datos técni-cos da súa fabricación.

CONCLUSIÓNSEstá comprobado que un mesmo modelo de pendente circula en todo o imperio, ao punto que unha muller galaica e outra exipcia poden levar un obxecto similar. Son as mulleres que levan os brincos as que participan na súa difu-sión e, ao igual que hoxe, elas crean a moda. Nesa sorprendente vixencia dos estilos e for-mas da Roma Antiga, podemos comprobar como o modelo do pendente de orella da Cruz do Castro, ao igual que outros moitos de orixe clásica, a día de hoxe segue a fabricarse.

O contexto do achado son os niveis romanos dun castro da segunda Idade do Ferro reocupa-

do en época imperial tardía. Sen desbotar que futuras investigacións amplíen o marco crono-lóxico, a cultura material, moi definitoria, fala dun intre que nos podería levar de finais do século III d.C. a inicios do século V d.C.. Todo parece indicar que o xacemento, tal e como o coñecemos, non supera o ecuador deste último século.

A reocupación do espacio fortificado nesas da-tas é moi interesante e pon sobre a mesa cues-tións como o polimorfismo topográfico dos asentamentos rurais romanos e a necesidade de autodefensa que, nesas datas, provocan a crise e descomposición da administración pro-vincial.

Por último, o feito de atoparmos esta xoia nun gran complexo formado por unha villa romana que comprende un espazo fortifica-do, proba que o seu titular era un rico poten-tado, nativo ou alóctono, que tiña conexións cos mercados provinciais, o que lle permitía adquirir obxectos custosos e escasos, como xoias ou vaixela fina de mesa. Asemade, de-mostra que os elementos luxosos de prestixio de raíz itálica, como este pendente, tardan moito en amortizarse e só pasan ao rexistro arqueolóxico despois dun longo período de exhibición e uso.

BIBLIOGRAFÍABECATTI, G. (1955): Oreficerie antiche dalle minoiche alle barbariche, Roma

BESSON, C (2003): Pendants d´oreille ro-mains du Musée du Louvre. Musée Saint Vic, ville de Saint-Amand-Montrond (Cher). Mémoire XXIV.

BREGLIA, L. (1941): Catalogo delle orifi-cerie antiche del Museo Nazionale di Napoli. Rome

CASAL GARCÍA, R (1998): Xoiaría e adorno persoal. Historia da Arte Galega. Ed. A Nosa Terra. Vigo.

- (1997): As xoias e adornos romanos en Ga-licia, en Galicia castrexa e romana = Galicia castreña y romana.

COARELLI, F (1966): L´oreficeira nell´arte classica. Fratelli Fabbri Editori. Milán. 1966

CONCHEIRO COELLO, A. (2009): “control arqueolóxico dos traballos de reparación de

149 29: 145-150. 2010, ISSN: 0211-8653 |

O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico.

danos de incendios forestais no patrimonio cultural do monte veciñal en man común de Carballedo, Cotobade (Pontevedra)”. Actua-cións arqueolóxicas 2007, Xunta de Galicia. pp. 216-217

CONCHEIRO COELLO, A. e MONTERO GONZÁLEZ, O. (2009): “A Cruz do Castro de Carballedo e a valorización do seu patri-monio cultural”.Análise empresarial. Revista galega de economía e ciencias sociais 39. pp. 93-97

GONZÁLEZ RUIBAL, A. e CARBALLO ARCEO, X. (2001): “Cerámicas de Castrovi-te (A Estrada, Pontevedra). Boletín Auriense XXXI. pp. 35-81

SHORE, A.F. (1972): Portrait painting from roman Egypt, London

MARSHALL, F. H. (1911): Catalogue of the Jewellery, Greek, Etruscan and Roman in the Departments of Antiquities, British Museum. London

OGDEN, J.(1982): Jewellery of the Ancient World. London

Ondrejova, I. (1975): Les bijoux antiques du Pont Euxin Septentrional. Universita Karlova - Praha

PIRZIO BIROLLI STEFANELLI, L.(1992): L´oro dei romani. Gioielli di etá imperiale. Roma.

Imaxe 1: Emprazamento topográfico da Cruz do Castro e da villa de Silvela

| REVISTA DE ARQUEOLOXÍA E ANTIGÜIDADE150

O pendente de ouro da Cruz do Castro de Carballedo (Cotobade, Pontevedra) e o seu contexto arqueolóxico.

Imaxe 5: Detalle do pendente

Imaxe 6: Detalle do pendente

Imaxe 2: Escavación do nivel castrexoImaxe 3: Estructura da fase romana tardía

Imaxe 4: O pendente de ouro


Recommended